• Domingo, 23 de Septiembre de 2018

Albor, fiel ao seu apelido

ARAE indica que Albor significa a luz do alba o amencer, comezo o principio de algo, etc.

ARAE indica que Albor significa a luz do alba o amencer, comezo o principio de algo, etc.  Pois ben,  o labor de Albor foi en todos os eidos un activo nas diferentes actividades cívicas, con alboradas nos ámbitos da cultura, social, profesional e na política con diálogo, sen fobias e con sentidiño, palabra que soe utilizar a miudo mais que ninguén, na sociedade na que  lle tocou vivir. Fixo  política humanista en medio de tanto desaprensivo ao uso,  en todo, sen fobias sectarias, conciliador e respetuoso cos adversarios políticos.
Fun invitado ao Simposio Internacional celebrado o día 15 no Pazo de Fonseca, clausurándose o 16 en esa interminable obra da Cidade da Cultura con motivo dos 100 anos do Doutor Gerardo Fernandez Albor, primeiro Presidente da Xunta de Galicia elixido en urnas. O Simposio estaba auspiciado pola Xunta de Galicia, USC, e Galicia Mileo e constaba dos seguintes puntos a tratar e debatir en coloquios:
Panel 1: Acontecimentos históricos no devalar dun século. 
Panel 2: A escola médica compostelán, a fonte limpa.
Panel 3: O rexurdir da cultura e das institucións galegas.
Panel 4: Alicerces da Galicia Autonómica. 
Panel 5: As novas realidades políticas en Galicia, España e Europa.
Eu podo afirmar que si todos os políticos traballaran na misma línea que o Doutor Fernández Albor,  a sociedade na que servimos estaría moito millor. Cando gañou as primeiras eleccións na candidatura de AP, ninguén esperaba que saíra elixido presidente da Primeira Autonomía Galega. Creo que os demais políticos non valoraron o labor que viña desenrolando silenciosamente  na sociedade, tanto a nivel profesional como politico. Xunto a outros, como Realidade Galega na  defensa da Autonomía de Galicia foi decisiva para conseguila,  non quedar descolgados das comunidades históricas.
Coñecín a Albor, presentado no seu despacho da Rosaleda polo amigo mutuo Borobó, antes de  tomar posesión da presidencia da Xunta. Pedímoslle que nos axudara a arreglar a ponte da morte en Ponte Beluso durante décadas sin que ninguén fixera nada. Eu vivía na escola o lado da ponte e moitas veces espertabamos os veciños a altas horas da mañá cos berros dos feridos, o peor era cando non se oía nada.
Por culpa de esta ponte estou en política. Acabou de haber mortos na ponte. Hai que valorar  a vontade política do gobernante Albor. Estaba ao tanto das desgracias que alí se deron, polos feridos que chegaban a  sua clínica, e outras. Cumpliu, e acabáronse os mortos nese lugar.
Era mais coñecida a aldea de Ponte Beluso en toda Galicia que Boiro que tiña 18 mil habitantes na  época. Era máis coñecido Bue, coa metade de habitantes.    Mentres fun Alcalde visitou Boiro, polo menos catro veces pero nunca o fixo as espaldas coma outros, sempre respetou aos adversarios e demais institucións foran  do seu partido ou non.
O que non entendo é como tardaron tanto en darlle a medalla ao traballo, entregada o sábado pasado polo Presidente Mariano Rajoy, cando nestes cinco anos de Goberno entregaron centos de medallas, algunhas sen méritos para tal distinción.
Na clausura houbo un conferenciante que alardeou de ter 48 medallas e un marquesado.