Jueves 15.11.2018

Anacrónicos separatistas cataláns

A pesares de que o Goberno da Cataluña empregara fondos públicos para fomentar a independencia, no o conseguiron

A pesares de que o Goberno da Cataluña empregara fondos públicos para fomentar a independencia, no o conseguiron. Estes malos políticos fan mal uso das institucións para manipular os cidadáns coa escusa do dereito a decidir so os cataláns, tendo CIU deputados no Parlamento Español para propoñer cambios no modelo de Estado que eles axudaron a construír, e en moitas ocasións elixiron os gobernos de España. ¿Será por diñeiro? Aman tanto a democracia que a queren para si sos. Contan falsas historias pagadas para a ocasión, así os distintos réximes viñeron cedendo co medo ao separatismo. En Galicia si tivemos reino, en Cataluña nunca. A última batalla da guerra de sucesión Europea terminou en Barcelona no 1714, e sendo liberada por soldados de toda España, a petición dos cataláns. O campesiñado de Cataluña estaba frito polos impostos que lle poñían os franceses, vivían na miseria por culpa das poucas familias opulentas da burguesía catalá que pactou cos franceses a república, logo en vez de república invadiron Cataluña, pedindo os cataláns a España que os liberaran. Os distintos réximes do Estado Estado español invertiron recursos económicos e humanos nesa zona estratéxica xeográfica para as comunicacións internacionais con Europa , abríndose as vías comerciais con América da que se beneficio a Cataluña española. No interior incentivouse o cultivo da vide para  facer os famosos cavas, á industria do téxtil e outras. Cataláns eran: Prim, Presidente do Goberno de España, Estanislao Figueras, e Pi e Margall, Presidentes da Primeira República Española, para que agora veñan mesías a xogar co pan e vidas de moita xente en vez de xertionar ben nun mundo globalizado en vez cumplir a Leises. Esto non quita recoñocer que os distintos gobernos do Estado Español tamén non queden libres de culpa do que hoxe esta a ocurrir en Cataluña, por culpa de non optimizar as institucións públicas, se dedicaron a mendigar o voto aos nacionalistas cando lle fixo falta cando no tiñan maioría, a cambio de inconfesables dádivas que en todo caso, serían xustas ou non. Si foron xustas ¿por que non llas deron antes, e si non eran xustas por que llas deron? Esta forma de gobernar produxo desigualdades ante cidadáns dos distintos territorios. Pero con todo, os separatistas de Cataluña deben de deixar a un lado os baixos instintos e propoñer cousas que melloren as condicións de todos os españois, sen imposicións ideoloxías trasnoitadas.

Os independentistas de ERC e a CUP aproveitan a debilidade de CIU, hoxe PDeCAT, dada a corrupción e mala xestión do Goberno, por eso crearon unha necesaria cortiña de fume co apoio de mesiánicos políticos anti-capitalistas da CUP inventando  “España nos rouba”. Como noutras ocasións da historia volven a manipular á poboación para a confrontación, aproveitando a crise económica e falta de credibilidade dos políticos en xeral, que recoñecendo parte de verdade, estes separatistas son peores, volvendo a ser desleais cos demais españoles. Deixen de mirarse ao embigo, e gobernen ben a súa Autonomía. Así que en 1714, non foi como o contan os independentistas. Inda hoxe hai Concellos franceses que queren pertencer a España, alí non hai independencia. Hai historiadores con ética profesional que contan a verdade. Queren compararse con Escocia, que era un reino, non un condado, que se uniu a outros reinos para conformar o Reino Unido, e no seu referendo votaron a favor 44,7%, e en Quebec o 49,42 e non declararon a independencia, pero os separatistas de Cataluña queren declarala con menos, e por riba facendo un referendo trampa. As constitucións do Reino Unido e  Canadá non prohíben os referendos para independizarse, mentras que a Constitución española de 1978, si prohíbe no seu art. 2 os referendos separatistas, o mesmo que outras constitucións de países democráticos, a saber:  Francia art. 89, Italia 126, Alemania Art. 21, Noruega art. 1,Bulgaria, art. 3 , Suiza, 53, Lituania, art.3. Cidadáns de oito  estados de  EE.UU impulsaron unhas iniciativas populares para solicitar a independencia, sendo rechazadas pola Casa Blanca, recordando que ese dereito non está  reflexado na Constitución estadounidense que establece que a unión dos estados  debe ser “perpetua”.  Este separatismo que aglutinan descontentos por falta de gobernantes con credibilidade está dando lugar a que saian oportunistas que confunden máis á xente. Agora os partidos e  goberno de España teñen que estar á altura para cumplir e facer cumplir a Constitucion de 1978, e poñerse de acordo para reformala para que todos os españois sexamos iguais ante a Lei.

Anacrónicos separatistas cataláns
Comentarios