• Martes, 25 de Septiembre de 2018

Castelao e Galicia

ai 132 anos que naceu en Rianxo Castelao, todos os anos

ai 132 anos que naceu en Rianxo Castelao, todos os anos se lle rinde unha homaxe convocada polo Secretario Xeral do PG, Francisco López, (Chesqui). Para recordar a laboira cívica deste  Home Bo e Xeneroso  na defensa do interese xeral de Galicia sacrificando a súa calidade de vida.
Todos os partidos, nun momento capitalizan a su figura. Por eso a Castelao, o día de hoxe, as súas ideas son actuais e son exemplo para os partidos para levar a práctica as súas ensinanzas. 
Faría falta moito espazo para expoñer todo o que dixeron os intervenintes en Rianxo este sábado día 27, pero todos coincidiron no mesmo, o que máis chama a atención e a admiración que senten os representantes do PNV ,Iñaki Anasagasti e senador Jokin Birtz que destacaron a admiración en todos os eidos de Castelao. Traballou por Galicia para sacala do atraso con proxectos.
Sen embargo nos discursos todos coinciden na necesidade de chegar a acordos mínimos para despegar Galicia. O ano pasado a  proposta do Secretario do PG de formar unha Mesa de Partidos para abordar aquelas cuestións de forte calado identitario de Galicia ante o debate que se vai dar no Parlamento e Senado Español, en canto a nova estrutura  territorial do Estado, incluso se chegou a bautizar como o Pacto de Rianxo, como no seu día foron o pacto de Barrantes e Lestrove. Eu non sei cales foron as causas de que non se volvera a falar do Pacto de Rianxo, pero non queda outra, hai que poñerse de acordo nos mínimos para que Galicia teña peso no Estado tal como merece. E para iso hai que renunciar ás parceliñas políticas e unirse para sacar a Galicia que aínda segue subsidiada por a UE por ser rexión pobre,  segue a ser objetivo UN.
Aquí temos as probas do atraso: O agro gallego  lidera o sector lácteo  do conxunto do Estado, que concentra un 40 % de produción estatal e 56 % dos produtores.  Por mor da desaparición das cuotas lácteas e a baixa continuada de precios, nos últimos anos desaparecen aproximadamente 500 explotacións agrarias, das 600 que pecharon no conxunto do Estado (é dicir, o 70 % de toda España).
De igual xeito a desertización e abandono continuado das nosas aldeas vai en aumento, en (1624) que representan a metade da totalidade das aldeas abandonadas no conxunto do Estado.
En canto o mar estamos asistindo ao peche continuado de caladoiros e pesquerías, ademais dunha restrición permanente da flota, sobre todo de baixura. Continuase a lexislar de costas aos mariñeiros/as, mariscadores/as, mexilloeros/as, e ostricultores/as.
No ano pasado desaparecerán máis de 1500 pemes e autónomos. Unha caída da natalidade preocupante, cunha  población embellecida.
Cunha falta de planificación trasversal dos nosos recursos, materiais e humanos. Por iso seguimos emigrando, pérdida dos sinais de identidade que tanto abundan na NOSA TERRA; e da quinta provincia en Buenos Aires, que no seu día foi a despensa dos galegos, que agora os emigrados alí, hoxe maiores, están quedando sen sanidade, sen o Centro Galego, que os gobernos de Galicia, do Estado e de Arxentina, que deben rescatar por ser a representación máis importante de de Galicia, tanto da políticamente como na arte e a  cultura.