Viernes 16.11.2018

Castelao e Galicia

Tal día como hoxe, hai 131 anos naceu en Rianxo Castelao, e naceu para potenciar a conciencia cívica da entidade

Tal día como hoxe, hai 131 anos naceu en Rianxo Castelao, e naceu para potenciar a conciencia cívica da entidade da Nosa Terra. Home polifacético, que deixou de exercer a menciña de atención fisica da xente para centrar todas as súas inquedanzas na saúde do espíritu cívico da  xente de  Terra Galega. Foi un político plural que buscou o diálogo e o uso da razón colectiva de todas as forzas políticas da súa época . 
Co seu exemplo e sacrificio deixounos unha lección digna de admiración e un adiantado na súa época, tanto na política, no arte, na oratoria, na poesía e nas ideas cunha carga de humanidade universal, con renucias personais en prol dos demais. A súa vida non foi facil. Por iso, o día 29/01/2017 se deron cita todas as forzas políticas, galegistas, nacionalistas,  culturais en Rianxo, convocadas polo Secretario Xeral, (Chesqui) do Partido Galeguista en Rianxo.
Chesqui:  Secretario Xeral do PG, volviu a propoñer a Mesa de Partidos Galeguistas e Nacionalistas, así como de Entidades e Fundacións Galegas que teñan como cometido abordar aquelas cuestións de forte calado identitario para Galicia na defensa da identidade como nación, diante do debate que se vai suscitar tanto no Parlamento como no Senado Español, en canto á nova estructura territorial do Estado..., federal etc. Esa mesa que nace “dende, por e para a defensa de Galicia” ímola bautizar como “O pacto de Rianxo” ao igual que no seu día foron tamén o Pacto de Barrantes e Lestrove.
-Algunhas cuestións preocupantes, son o Agro de Galicia que  lidera o sector lácteo do conxunto do Estado que concentra un  40 % da produción estatal, e o 56 % dos productores. Por mor da desaparición das cuotas lácteas e a baixada continuada de prezos, no último ano (2016) desapareceron en Galicia 415 explotacións agrarias, das 600 que pecharon no conxunto do Estado (é decir, o 70 % de toda España).
- De igual xeito a desertización e abandono continuado das nosas aldeas vai en aumento, en (1624) que representa a metade da totalidade das aldeas abandonadas no conxunto do Estado.
- En canto ao mar estamos asistindo ao peche continuado de caladoiros e pesquerías, ademais dunha restricción permanente de capturas... que conleva a redución progresiva e continuada da flota, sobre todo de baixura.
- Continúase intentando lexislar de costas dos mariñeiros/as, nariscadore/as, mexilloeros/as, ostricultores/as, 
- No ano 2016 desapareceron 1494 Pemes.
- E por primeira vez o número dos casteláns falantes supera a o dos galegos.
- Cunha caída da natalidade, e unha poboación envellecida, ¿qué futuro lle espera Galicia? Non aprendemos de Castelao que se sacrificou pola unidad dos galegos. Agora os partidos nacionalistas están sobradamente divididos para levar a práctica as suas enseñanzas, !En fin... algo debemos estar facendo mal.

Castelao e Galicia
Comentarios