Viernes 16.11.2018

Desviación de poder do Goberno Catalán

Cataluña desde a época Romana e Hispania sufriu varias transformacións territoriais pero nunca foi reino, foi condado dependente do Reino de Aragon.

Cataluña desde a época Romana e Hispania sufriu varias transformacións territoriais pero nunca foi reino, foi condado dependente do Reino de Aragon. A Península Ibérica conta con dous estados, España e Portugal. Pero os Reies Católicos unificaron os reinos que había, Aragón, Navarra, Galicia e o Valenciano. O Condado a dia de hoxe non ten base para formar estado propio, a pesar de que os gobernos de Cataluña dedicaron tempo e recursos a comerlle o coco o para dividir e confundir aos cataláns. Cataluña era do Reino de Aragón. Agora os malos gobernantes reclaman a independencia, non queren o Reino de España. O fracasado Goberno de CIU, hoxe camuflado en Partido Demócrata Europeo Catalán, !!!éso de europeo ten miga!!!, (PDECAT), viuse obrigado a cambiar de siglas pola mala xestión e corrupción, non queren recoñecer a Constitución de 1978, que foi masivamente apoiada cos votos dos cataláns, máis que en ningunha parte de España. 
Queren fabricar outro estado catalán. Soe ocurrir cos malos políticos que recurren a triquiñuelas para disimular a falta de capacidade e mérito para gobernar. CIU, para seguir no machito pregouse a ERC que ten no seu ideario a independencia dende a súa fundación. CIU sempre foi nacionalista, pasando a ser marioneta de ERC. Antes outros políticos cataláns con máis capacidade  fracasaron, pero estes se conforman con figurar nos libros de historia. Porque si conseguiran o que pretenden os reinos de taifas estaban asegurados, porque abunda a falta de capacidade política nos nosos representantes, e outros, territorios, autonomías, cidades, comarcas, e concellos, e aldeas de España poden pedir a independencia ante os seus fracasos como gobernantes, despois do fracaso chegarán a pedir a independencia do seu embigo, que foi nin máis nin menos por donde se inspiraron estes, sen que o pobo se dea conta. Pura manipulación sen limites. Son tan cínicos que co 47 % dos votos das autonómicas pretenden declarar un Estado Catalán, cando para cambiar unha coma do Estatut se necesitan dous tercios do total do Parlamento Catalán. O contrato da Constitución de 1978 aprobada e votado por todos deu dereitos e deberes a todos os españois. Non se pode cambiar unilateralmente.
Cataluña, aparte da historia a favor de España, aportou a esa terra, traballadores de todas as profesións, e o diñeiro público e privado foi para o desenrolo ata o día de hoxe. No aspecto cultural pasou o mesmo: din que a  Sardana  a inventa Jose Maria Ventura Casas, un andaluz de Jaén. Os Castellers teñen a súa orixe en Algegemesi o Regne de Valencia no siglo XV. A Señera catalana ten orixe nos Reis de Aragón, Os Mossos de d´ Esquadra creounos Felipe V. 
Deste xeito podemos afirmar que calquer reino habido en tempos atrás pode pedir a independencia con máis base histórica que Cataluña. Pero tamén os últimos gobernos de España foron tan culpables como eles, por pensar máis nas próximas eleccións, que nas próximas xeracións. Non tiveron visión de Estado, uns prometendo e outros por deixar o campo libre a demagogos para proselitismo. Uns e outros utilizaron as institucións en beneficio propio, causando un dano irreparable a amplias capas cidadás, porque os gobernos de CIU recortaron en servicios sociais, sin que ERC se opuxera, porque o seu único obxetivo é a independencia, pero con ideoloxía só non se vive.  As aventuras políticas págaas o pobo soberano.

Desviación de poder do Goberno Catalán
Comentarios