martes 19.11.2019

Goberno decorativo na Xunta

este Goberno Galego reclamou competencias cando estaba na oposición e logo por incompetencia as delega nos concellos como acaba de facer coa limpeza dos ríos que a lei non permite cortar árbores que atascan as auguas ademais de perxudicar a cría de troitas por falta de sol.
Por incapacidade de  reducir os incendios se lle ocurre sacar unha Lei diabólica de montes dándolle a puntilla á economía do rural. Actúan sen ton nin son obrigando a cortar árbores con exceso de metros ao lado das estradas cousa que non se ve en ningún outro país. Ante o fracaso do goberno delegan a responsablidade das cortas nos concellos. Nas árbores non prende o lume aínda que tires cabichas pero si prende nas malas herbas que crecen máis ao faltarlle as árbores, logo  coa sequía prende o  lume nas malas herbas. 
Seguindo o fracaso da xestion da Xunta, tamén delegan nos concellos a responsablidade das cortas aos lados das estradas.
Hoxe en día a Xunta ten o 95% das competencias máis importantes como é a sanidade, educación, tributos, ordenación do territorio, medio ambiente, monte, agro, gandería, pesca e alimentación etc, non obstante a súa xestión deixa moito que desexar. Por exemplo, os datos din que o rural de Galicia vai a menos por falta de apoios oficiais para poder competir xa que somos potencia na gandería, forestal e pesca pero está retrocedendo. O agro galego concentra ao 40% da produción Estatal, e ao 56% dos produtores. Por mor das cotas lácteas hai  baixa continua de prezos, por iso nos últimos anos desapareceron 500 explotacións agrarias das 600 que pecharon no conxunto do Estado. O mesmo pasa co abandono continuo das nosas aldeas que vai en aumento, (1.624) a mitade do conxunto do Estado. Para acabar de rematala nos acompaña a baixísima natalidade. Pero o gobernó galego nos sigue contando milongas sen visión dun millor futuro para Galicia.  
Perden o tempo en feiras e mercados facendo campaña partidaria en vez de traballar polo futuro das novas xeracións da Nosa Terra por falta de  funcionamento das administración públicas para resolver as demandas e petición das empresas e [email protected] O liberalismo mal entendido, privatizácion das institucions públicas sacudíndose de encima gobernar para a xente que os elixiu, incumprindo co deber fundamental de servir como fan os responsables de calquer empresa ou organización.

Goberno decorativo na Xunta
Comentarios