Viernes 16.11.2018

Os gobernos de CIU estafaron aos cataláns

A pesares de que o Goberno da Cataluña empregara fondos públicos para fomentar a independencia non conseguiron ter a maioria absoluta.

A pesares de que o Goberno da Cataluña empregara fondos públicos para fomentar a independencia non conseguiron ter a maioria absoluta. Estes malos políticos fan mal uso das institucións para manipular aos cidadáns coa escusa do dereito a decidir so os cataláns. Teñen deputados no Parlamento Español para propoñer cambios no modelo de Estado que eles axudaron a construír, e en moitas ocasións pactaron para formar gobernos de España. ¿Será por diñeiro? Aman tanto a democracia que a queren para si sós. Contan falsas historias pagadas para a ocasión. En Galicia si tivemos reino, en Cataluña nunca. A última batalla da guerra de Secesión Europea terminou en Barcelona no 1714, sendo liberada por soldados de toda España, galegos, vascos, casteláns e andaluces etc. O campesiñado de Cataluña viviu na miseria por culpa dunhas poucas familias opulentas. Os cataláns non querían ser franceses  facíanlle pagar moitos impostos. Os distintos réximes do Estado español volcáronse con recursos económicos, mellor trato fiscal, apostando por abrir a vía comercial con América, incentivouse o cultivo da vide para facer os famosos cavas, á industria do téxtil. Cataláns e emigrantes de toda España, e xeracións nacidas alí son cataláns. España volcouse con todos os recursos que tiña. Para alí non so foron os emigrantes, tamen foi  o aforro galego,  e de toda España, aportamos xente moi traballadora e materias primas.
Cataluña e España dende a época romana. Houbo cataláns ilustres na gobernanza de España, como Prim Presidente do Goberno de España, Estanislao Figueras, Pi e Margall, Presidentes da Primeira República Española. Esto é unha cortiña de fume de mesiánicos políticos corruptos, non poden acusarnos de que “España nos roba”, o ladrón despois de roubar si o ven di, (ao ladrón, ao ladrón). O feito de que Cataluña teña que aportar máis que outras comunidades máis pobres, de obxectivo un, como no caso de Galicia, é porque así o establece a Constitución,  o mesmo que a UE, que subvenciona as rexións máis pobres e non trata de independizarse, se trata de ser solidarios.
CIU estaba tan chea de corrupción que tuvo que arrimarse aos republicanos de sempre para disimular, polo de pronto perdeu votos e tiveron que fundar outro partido,  pero hai que recoñocer que desde os distintos gobernos de España arrastrados pola ambición dos votos, en vez de pensar nas próximas xeracións, pensaron nas próximas eleccións. Así son os nosos políticos carentes estatura de homes de estado, en especial Rajoy que non traballou para contrarrestar o independentismo deixando o campo libre para facer propaganda e concienciar á poboación.
Como noutras ocasións da historia volven a arrastrar á poboación á confrontación, aproveitando a crise por non saber autogobernarse. Así non ten credibilidade para declarar a independencia. Deixen de mirarse ao embigo, e gobernen ben a súa Autonomía. Así que, 1714, non foi como o contan os independentistas. Inda hoxe hai concellos franceses que queren pertencer a España. Hai historiadores con ética profesional que contan a verdade. Quérense comparar con Escocia que era un reino, non un condado, que se uniu a outros reinos para conformar o Reino Unido. Cataluña pertenceu ao Reino de Aragón.

Os gobernos de CIU estafaron aos cataláns
Comentarios