jueves 17.10.2019

O Goberno ten que previr

O goberno galego ante a súa incapacidade para evitar os incendios sacan leis difíciles de cumprir polos pequenos propietarios. O coidado do medio ambiente é tanto de interés xeral como a sanidade, polo tanto a administración ten que invertir no seu coidado. Pretenden aburrir á xente con esas leis de imposible cumprimiento, por iso van preto de 20OO aldeas abandonadas. Pretenden entregar os montes comunais do rural a grupos económicos especulativos que ao final pasará como con Pemex que comprou Barreras para construir 20 barcos hoteis tal como presumiu Feijóo para volver a gañar as eleccións, pero agora esta empresa suspendeu a construción destes barcos hoteis. Galicia pouco a pouco vai perdendo as poucas industrias que lle quedan por ter un Goberno galego sen iniciativa volcado en anestesiar ao electorado e segue gañando mentres os galegos seguimos perdendo, e por si fora pouco os partidos progresistas de Galicia miran ao seu embigo e cada vez máis divididos en vez de unirse por un proxecto común. Se perderon fondos para o rural da UE e moitos foron desviados a outros varios sectores.

Estes defensores de pacotilla da familia non cambian a rutina de ir tirando obrigando a volver á emigración por falta de axudas do Goberno galego para fixar a poboación no rural cada vez máis abandonado.

Temos que valorar a riqueza da nosa terra, que en comparación co resto e a máis productiva, Galicia 1.800 E por hectárea , Francia, 1.200, Alemania 1.200. E así os demais países da UE Mentres os galegos gastamos en preparar a nosa xuventude os gobernos miran para outro lado e teñen que a emigrar rendindo para outros.

Faltan proxectos para a Nosa Terra. Os fondos da UE que viñeron na maioría para invertir na  economía rural se desviaron en parte na compra de pazos e outras destinos privadas coa excusa de dedicalos a turismo rural trampa.

O feito é que o goberno non fixera un plan forestal e un plan do desenvolvemento da economía rural, nin intenta mellorar a eficacia para evitar os incendios facendo leis sen consultar co sector demostra que están desnortados dos sectores e están a defender intereses espurios contra o sentido común.

O mesmo queren facer co sector do mar, pretenden eliminar aos productores actuais para darlle a empresas privadas especulativas.

Cando un Goberno non está capacitado para xestionar recurre a privatizar.

O Goberno ten que previr
Comentarios