• Martes, 25 de Septiembre de 2018

Outro pau ao rural galego

ALei de Montes de Galicia é tan obsurda e pon máis difícil a  vida no rural

ALei de Montes de Galicia é tan obsurda e pon máis difícil a  vida no rural xa deprimida e menguada natalidade por abandono das novas xeracións en busca de traballo fóra de Galicia. Durante a crise se foron fóra de Galicia en busca dunha millor calidade máis dun 30 % dende 2008. Un total de 150.443 persoas según datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), así baixa a lista do paro, pero os gobernantes defensores da familia son tan hipócritas que ao final so saben defender a deles. Eso si, non teñen reparo en gastar grandes cantidades en leis propagandísticas para demostrar que fan que fan. No ano 2010 se reuniron máis dunha ducia de persoeiros para analizar a situación de Galicia, resultado un tocho de 624 páxinas, titulado, (Asociacion Proxecto de Investigación Galicia 2010). Non se sabe que foi del. Non hai proxectos de futuro para a xente da nosa terra. O goberno segue á espera de salvadores exteriores que esquilmen os nosos recursos. Esta Lei pretende evitar incendios, pero  é un paso máis para dificultar a conta de resultados dos labregos, e para que se vexan obrigados a abandonar o campo, como se houbese unha man negra detrás.     
1.- Prohibir ter árbores a 10 metros a cada lado das estradas é unha aberración porque donde non hai árbores crece mais a maleza e o lume prende ahí. 
2.- Prohibir plantar árbores a 2 metros a cada lado do lindeiro, os dous propietarios suman 4, que en moitas casos non os teñen as fincas.
3.- Esta Lei empobrece o rural, complica a vida dos propietarios e ten afán recadatorio por ser difícil cumplila, será un fracaso máis por ser improductiva e non evitara os incendios tal como nos venden, é un engano máis. Se queren de verdade evitar os incendios que limpen a maleza neses 20 metros a cada lado das estradas.
4.- Se debe tomar en serio o presente e o futuro de Galicia, gobernantes e partidos da oposición se poñan dacordo para facer un Plan Forestal que potencie o inmenso rural de Galicia. Se cada vez hai menos natalidade, e por riba os poucos xóvenes emigran, os vellos van  morrendo, ¿a que esperades para correxir o rumbo?
Para iso hai que elaborar un plan para aproveitar os recursos da nosa terra e evitar que os especuladores decidan por nos. Os políticos en vez pensar nas próximas eleccions, deben de pensar nas próximas xeracións. Cada vez hai menos  subvencións da  UE. Hai que incentivar o rural para fixar a poboación nas aldeas e tomar o relevo xeracional.
O agro galego concentra un 40 % de produción estatal, e 56 % dos produtores. Por mor da desaparición das cotas lácteas e a baixa continuada de prezos, e nos últimos anos desaparecen aproximadamente 500 explotacións agrarias, das que 600 que pecharon no conxunto do Estado, decir, o 70 % de toda España. O abandono continuado das nosas aldeas vai en aumento, en (1624) que representan a metade da totalidade das aldeas abandonadas no conxunto do Estado.
En canto ao mar estamos asistindo ao peche continuado de caladoiros e pesquerías, ademais dunha restricción permanente da flota, sobre todo de baixura .
Continúase a lexislar de costas aos labregos, mariñeiros, mariscadores, mexilloeros, e ostricultores. No ano pasado desapareceron máis de 1500 pemes e autónomos.
Cunha falta de planificación transversal dos nosos recursos, materiais e humanos, temos que seguir emigrando, perdendo as señas de identidade. Un goberno non pode estar a velas vir, ten que planificar para mellorar o futuro da xente que representa.