134 aniversario do nacemento de Castelao

este domingo 2 de Febreiro 2020 celebrouse o 134 aniversario do nacemento de Castelao organizado po lo PG e o Concello de Rianxo como todos os anos. Para tal evento se   concentraron más de 20 fundacións e partidos políticos de contido galeguista-nacionalista para defender os valores de Galicia tal como fixo Castelao.
O primeiro en intervir foi Francisco López (Chesqui) destacando a traxectoria dos galeguistas en Galicia, en especial Castelao. Sucesivamente foron intervindo os portavoces que despois das súas interesantes intervencións todos coincidiron en que era preciso sentarse nunha mesa e dialogar sobre un proxecto común para Galicia unindo as forzas que hoxe están dispersas. Esta proposta xa non é nova, se veu facendo  en anos anteriores sen resultados. Unindo sensibilidades que poidan aproximar posturas e chegar a un acordo das distintas forzas políticas do país para encarar un novo rumbo na defensa dos intereses xerais de Galicia en pé de igualdade coas demais comunidades históricas para non quedar descolgadas co cambio que sin dúbida se vai a dar no Estado .“Debemos de poñernos dacordo nas bases fundamentais para resolver os problemas que padece o país”. Esa foi a conclusión, máis menos á que chegaron todos.
Teño para min que Galicia necesita agora homes e mulleres para levar a cabo outro Rexurdimento como se fixo en paralelo en Cataluña coa renaixenca no XIX reivindicando a lingua e cultura. Cataluña seguiu na brecha pero Galicia quedou atrás dende que morreran os promotores do Rexurdimento. Pero ademais agora hai que plantexar solucións a  problemas novos que se dan no XXI. Do contrario perxudicaremos  gravemente o futuro de Galicia. A saber: poboación envellecida e baixa natalidade con mortalidade superior a 36 personas finadas ao día, máis das que nacen. Vai en aumento a emigración como demostra máis de 2.000 aldeas abandonadas sen unha alma. A España vacía que agora está en boga existía en Galicia hai varias décadas, por non decir 200 anos sendo a causa de emigración forzosa. Por outra banda temos que aproveitar a potencialidade dos nichos de negocio, recurso e materias primas. Non é esaxerado decir que estamos colonizados porque os gobernos democráticos galegos miran para outro lado, si é que ven. Hai exemplos que o confirman. Combustibles máis caros sabendo que temos ao lado a refinería de petróleos na Coruña con menos custo en transportes. Electricidade máis cara sendo excedentes en produción. Seguros máis caros. A autoestrada AP-9 máis cara de España cando van 10 anos que tiña que ser gratis segundo a concesión do Estado a C.E.S.A en 1973. Esta autoestrada foi o monopoly pasando de especulador a especulador. AUDASA conseguiu a ampliación da concesión dos sedentarios gobernantes e quen sabe que máis.
Para acabar con estes abusos os galegos temos que unirnos para facer un proxecto de país e deixar-se de personalismos que nos manteñen no atraso de Galicia. Todos sairemos gañando en calidades de Calidade de vida e dignidade.

134 aniversario do nacemento de Castelao

Te puede interesar