Despoboación rural

Os gobernantes non se dan por enterados da grave situación que está atravesando o medio rural a pesar de que agora volven a engañalos. Non se preocuparon da política de atención ao medio rural cos fondos da UE, como os programas FEOGA e PAC que na maioría foron desviados a sectores e industrias que nada tiñan que ver co medio e noutros casos foron a comisarios políticos en época electoral que certos gobernos poñen en marcha  para recadar votos que a eles lles vai ben pero o resto da poboación cada vez queda máis desprotexida e sen darse conta se sinte culpable e fracasado e emigra a outros países mellor gobernados, mentres Galicia queda desértica.
De vez en cando reaparece a preocupación polo rural, a última Lei estatal saiu no ano 2008 aínda sen aplicar, para o Desenrrolo Sustentable do Medio Rural (Lei 45/2007), unha década despois volve a preocupación polo rural que lamentablemente volverá a quedar en augas de borralla. Eso si agora vemos como os nosos políticos simulan ser traballadores do campo como vos embaucadores pero pasará coma sempre, buscan votos no rural coa mentalidade máis conservadora. No 2010 houbo outro intento de incentivar o rural, pero logo ven a Lei Orgánica 2012 da Estabilidade Orzamentaria e Sostentibilldade Financiera que bloqueou a capacidade dos municipios aumentando o problema coa Reforma da Administración Local do 2013 liquidando competencias dos municipios rurais. Moi agudos para recortar pero 10 sin cumplir a Lei 45/2007. Esto demostra a irresponsablidade dos nosos gobernos no incumplimento das leis por falta de visión de Estado. 
En Galicia non hai políticas para o rural, así ocorre que hai despoboación envellecida  ademais os poucos que nacen son superados polos que morren, e os poucos que nacen emigran por falta de apoios públicos. Así ocurre que miles de aldeas quedan sin xente e os montes cheos de incendios. Da a impresión que hai unha man negra detrás destes desastres sen que os gobernos actúen. ¡De de pena!, porque así Galicia xa non vai ser NOSA.
Aquí sobran motivos para unha revuloción de chalecos amarelos como en Francia pero alí lle paran os pés a calquer goberno cando non funciona, a pesar de ser un país centralizado pero hai máis conciencia cívica aprendida da revolución francesa.

Despoboación rural

Te puede interesar