Mala política, atraso de Galicia

os gobernos  están para  xestionar ven  o presente  e  para futuras   xeneracións para que non tiñan que emigrar cousa que xa parece normal. 
1) Hai mais de 30 anos que morre máis xente da que nace, a pesar de que en Galicia  estiveron a  goberar a maior parte de tempo  conservadores que din defender a familia.  Si Galicia estivera tan ben gobernada coma os países os que emigran @s galeg@s non terían que emigran.
2) En Galicia non hai un plan forestal para facer máis rendible o monte para  evitar os incendios, sin embargo gastan millons de euros que non sirven para evitalos. Galicia é eminentemente rural, cada vez hai máis abandono do mesmo sendo a causa da baixa natalidade. Así as aldeas son abandonadas por falta de estímulos económicos que a UE tiña como obxextivo número un.
Os gobernos nin informaron nin asesoraron aos gandeiros e labregos, perdendo fondos e desviados para restaurar pazos de turismo que non están en servizo. Os gobernos se centraron en empregar recursos en grandes obras que non están dando servicio e en obras públicas olvidándose da modernización dos outros sectores para poder competir.
3) Coa riqueza do mar pasa o mesmo, con vertidos de toda clase. Se fixeron algunhas depuradoras pero a maior parte  non funcionan, ou funcionan mal, e faltan outras. Así os nosos ríos e rías están cada vez máis contaminadas perxudicando gravemente o futuro productivo e a saúde dos consumidores ao entrar esta contaminación na cadea trófica. 
4) Os gobernos títere non defenden a nosa Terra, deixan, ou apoian o que diga o partido no goberno central. Con esto non quero dar ás a outros demagogos que non pactan para o interés xeral.
5) Que sexamos a comunidade cos servizs mais caros de España como é a electricidade que subiu un 35 % desde 2017 a pesar de  que temos as nosos terras  cheas de encoros e montes con muiños producindo corrente, deberá ser causa de ter menos custos. Temos o petróleo máis caro de España, tendo a refinería ahí ao lado, na Grela, A Coruña, cuxa cercanía aforra transporte  e por conseguinte custos, o mesmo que nas eléctricas. Por exemplo as froitas compradas no sur se lle grava o transporte.
6) Os gobernos galegos non se fixeron valer como os de Cataluña e o País Vasco para conseguir a transferencia das autoestradas ,ademais de aquí se lle foron ampliando a concesións e subidas nun 36 %, cuatro veces más que o IPC nunha década tal como quixo a concesionaria.
Non se fixo valer os nosos dereitos como é obligación do Goberno galego. Así temos as autoestradas máis caras de España, AP- 9 que tiña que ser gratis desde hai 6 anos segundo o primeiro contrato. 
 

Mala política, atraso de Galicia

Te puede interesar