Salomé Peña, a transformación dun pobo

Cando Salomé Peña Muñiz chegou á alcaldía de Ribadumia no verán de 2001 foron moitos os que dubidaron da súa capacidade. Certo que era xoven e con escasa experiencia política, pero o talento, a capacidade, a honestidade, a humildade, a sensibilidade, o compromiso, a educación, o rigor e a calidade humana xa viñan de fábrica. Con Salomé temos a clara demostración de que un bo político é aquel que traballa sen descanso por e para os cidadáns, sempre con boas palabras, sempre sensible ante os problemas e incluso as críticas. Salomé é por encima de todo unha excelente persoa. E resulta que, ademáis, demostrounos durante case 20 anos que é unha extraordinaria alcaldesa.
Agora, xa en 2019, despois de 20 anos metida de cheo na política municipal (chegou ó goberno local de Ribadumia en 1999), ninguén pode dubidar da súa capacidade como xestora. Salomé é, sen ningún lugar a dúbida, a alcaldesa que lle deu un xiro de 180 graos á historia de Ribadumia. Un avance sen precedentes en todos os ámbitos da vida municipal. Servizos (dando cobertura a toda a poboación), urbanismo (importante crecemento pero de xeito sostido e responsable), promoción económica (perfeccionamento e culminación do polígono industrial), infraestruturas (deportivas e culturais de primeiro nivel), promoción turística (coas espectaculares rutas que nos permiten disfrutar dos nosos marabilloso paraxes naturais) e un extraordinario avance social cunha atención preferente ós que máis o necesitan e coa posta en marcha de importantes servizos como a residencia/centro de día.  Agora que te despides da vida pública, como compañeiro político, como amigo e como veciño quero darche as gracias. Gracias por darnos tanto a cada un dos ribadumienses. Por facernos sentir orgullosos de ser de donde somos. Deixáchesnos un concello modélico ó que todos miran con asombro e que é sana envexa para aqueles que nos visitan e nos coñecen. E todo gracias ó traballo do equipo que dirixiches con tanto acerto. Un equipo que se contaxiou do teu entusiasmo e dedicación. Un equipo do que non podemos esquecernos e ó que tamén quero agradecer públicamente todo o seu traballo e implicación. O teu compromiso total coa xestión municipal levoute a perder tantas e tantas horas de vida familiar. Moitos sacrificios persoais e unha única prioridade: traballar por mellorar a calidade de vida dos teus veciños.
Tes motivos de sobra para botar a vista atrás e sentirte especialmente orgullosa. E máis tendo en conta todas as dificultades. Viviches a etapa máis convulsa da historia política de Ribadumia. Sufriches ataques inxustificados e tiveches que lidiar con insultos e ameazas de todo tipo. E o que atoparon en ti foron respostas enérxicas pero desde os argumentos políticos. Ti sempre poñendo os intereses de Ribadumia por diante de todo. Uns argumentos, un compromiso e unha dedicación que non pasaron desapercibidos para os teus veciños. Só así se explica que gañases todas as eleccións ás que te presentaches.
É por iso, que máis que darche as gracias por todo o que fixeches por Ribadumia, douchas sobre todo por cómo o fixeches. Cunha enorme vocación democrática, cun compromiso sen medida, cunha capacidade de xestión incuestionable e cunha honestidade sen límite.
Gracias Salomé. Gracias sobre todo por ser como eres. A política non te cambiou. Que tampouco o faga o tempo!!
Lourdes Ucha
Salomé forma parte dunha xeración de mulleres case pioneiras na comarca e tamén en Galicia. Non foron as primeiras alcaldesas pero sí marcaron un antes e un despois na política municipal cunha decidida participación da muller tamén desde os postos de mando. Xóvenes, altamente capacitadas, honestas, humildes e moi comprometidas. Este é o caso tamén de Lourdes Ucha, alcadesa de Meaño que tamén deixa a vida pública logo de facer un extraordinario traballo como rexedora municipal do seu concello, dando continuidade á magnífica xestión que realizara o querido e sempre admirado Jorge Domínguez. Precisamente fora o amigo Jorge quen nunha xuntanza, xa coa súa enfermidade en curso, me pedira que si algo lle sucedía -como lamentablemente así foi- a persoa que el quería que continuase a súa función era Lourdes, quen ó igual que Salomé, levou a cabo a súa xestión sen necesidade de facer moito ruido, simplemente traballando día a día con entusiamo e compromiso por e para os seus veciños.
Gracias Lourdes. Gracias Salomé!!
As dúas xestionáchedes os vosos concellos con acerto e sen fronteiras, conscientes de que no mundo actual temos que medrar e evolucionar da man dos nosos veciños, sen quedarse anclados nos localismos. Defendéchedes os intereses de Ribadumia e Meaño, pero tamén os da comarca do Salnés, os da provincia de Pontevedra e os de Galicia. Que o voso exemplo e os valores que transmitíchedes perduren sempre!!

Salomé Peña, a transformación dun pobo

Te puede interesar