A árbore da memoria

Pasaran anos dende a súa nenez e parecía que fora onte, pero aquela señora non se decataba. Polas mañás viñan recollela nunha furgoneta grande de varias prazas e ó abrila porta todo eran caras novas, nunca se repetían. Logo duns 15 minutos chegaban a un sitio cheo de xente, a maioría xente maior coma ela, e todos eran descoñecidos. Había homes e mulleres de varias zonas do concello e doutros de arredor. Todos ían alí e pasaban o día xogando e facendo cousas, pero esta señora nunca coñecía a ninguén. Algo curioso ¿verdade? Só unha das traballadoras daquel lugar e un señor maior que por alí andaban lle caían maís ou menos ben. Non os coñecía pero sentíase ben cando ámbolos dous andaban preto, lle falaban, ou xogaban con ela.
Esta traballadora, mentres lle daba o almorzo a señora maior que acababa de chegar, recordaba cando anos atrás chegou a casa e non atopou a súa nai. Desaparecerá! Puxeronse a buscala e horas máis tarde atoparona, nun sitio con fermosas vistas do val, baixo a sombra dunha gran árbore centenaria e coñecida por todos os veciños daquel pobo galego. Seica estivera alí sempre, din que tiña máis de 800 anos! Alí mesmo, baixo aquela árbore maxestuosa, ían todolos namorados daquel lugar a selar o seu amor para que perdurara por sempre. Decía a lenda que como a árbore era tan vella, facía de testemuña e recordaría o amor entre unha parella eternamente. A traballadora, recordaba coma súa nai pasara alí varias horas, baixo aquela árbore, soa, mirando ó vacío sen sequera apreciar aquela beleza, sen saber onde estaba e sin saber quen era. Cando ela e máis seu pai a atoparon, súa nai non os recoñeceu. Levárona ó médico e os especialistas fixeronlle varias probas. Pasados uns días, chegou a noticia que todos esperaban pero que nadie quería escoitar.
O primerio que recibíu aquela nova fora o pai desta traballadora. Seu pai casara de mozo cunha rapaza do seu pobo, da que se namorará un día que paseaba polo bosque e a víu alí sentada baixo aquela árbore da que contaban lendas. Alí mesmo pasaron moitos solpores e tamén moitos menceres. Cada ano, polo aniversario de boda, pasaban o día baixo esa árbore que os engaiolou de por vida, falando das suas vidas, recordando amizades,… tantas e tantas cousas. Él seguía namorado daquela moza, agora xa ancián, coma o primeiro día. A traballadora recordaba que cando o especialista lle dou a noticia, seu pai rompeu a chorar coma un neno. Aquel home forte e sabio douse conta naquel mesmo intre, que aínda que súa muller estaba alí de corpo presente, xa non recordaba nada, nin quen era ela mesma. A verdade é triste, a mente daquela señora casara con outro. Todo pasara case sen avisar, sen alternativa, e a día de hoxe sen solución. Tocoulle algo que ten por costume devorar a memoria e o pasado, co cal, non terá máis remedio que compartir o resto da súa vida…ata que como se soe decir “a morte os separe”. Seguro todos coñecedes do que falo e sabedes o seu nome, pero de seguro nadie o quere de compañeiro/a… Ata lle dedican un Día Mundial o 21 de setembro ”…Alzheimer”. 
Xa pasaron uns anos dende aquela mala nova, pero el segue, día tras día, acompañando ó seu amor a aquel centro de maiores. Alí traballa a súa filla, e os dous  xogan, pasean e falan con ela, lenlle libros,  axudanlle a comer, e seguen a mostrarlle cariño,… Sen embargo, aquela señora ancián  xa non coñece a ninguén, non sabe seus nomes e todas aquelas memorias maravillosas da súa vida, borraronselle da súa mente. Por sorte, él, súa filla e aquela árbore feiticeira, recordarán o seu amor por sempre. E quen sabe, quizáis aquela señora xa ancián e sen memoria tamén os recordé ás veces. Quizáis por iso se sinte tan ben cando ámbolos dous están con ela…

A árbore da memoria

Te puede interesar