¡Choven pedras en Sanxenxo!

Despois dun ano de sequía histórico onde a auga escaseou en todo o país, o inverno arrancou forte e levamos uns meses pasados por auga. A choiva afectou bastante ó turismo nesta pasada semana santa e aínda sigue as súas andadas. Xa se soe decir “En abril, augas mil”. Sen embargo, a choiva é necesaria, xa que sen auga a vida é imposible, polo menos no planeta terra. O ciclo da auga debe seguir, pois así leva funcionando ó longo de millóns e millóns de anos. Mentras a educación e as políticas para facer un uso racional da auga así como de tratar de non contaminar o medio ambiente (enerxías limpas e renovables…) non sexan verdaeiramente serias e reais, corremos serio perigo de que algún día o valor da auga igual sexa o do ouro. O ser humán, por desgraza, aínda que solidario tamén é moi egoísta, e as seguintes xeracións pagarán as consecuencias, non da choiva nin do mal tempo, senón de nos mesmos.
Un día da semana santa pasada caeu un chaparrón, e en apenas uns minutos a eira da miña casa cubríuse dunha capa de pedraza (saraiba) duns dous centímetros de espesor. O meu can camiñaba sobre a pedraza e parecía que nunca tal vira. As veces, a conxunción de varios factores fai que esta pedraza acade tamaños considerables que incluso poderían ser perigosos se un che da na cachola. Vamos, algo así coma recibir unha pedrada ben dada. O curioso e cando do ceo non cae auga, nin pedraza nin neve, senón pedras. Miña naiciña! Corre, escapa que che da! Me cajo no demo! Pero aparte dunha erupción volcánica, dun terremoto,….ou dunha boa pedrada ¿cando máis pode pasar isto?
Sen ir máis aló, onte en Sanxenxo caiu unha destas pedras que se usan para recubrir os edificios para facelos bonitos (un cacho grande dunha plaqueta) e ademáis na zona céntrica pegado ó porto deportivo. ¡Amigo meu! foi caer enriba dunha terraza dun negocio. A sorte foi, parece ser que o toldo do negocio fixo de freo, aparte que non pillou a ningúen debaixo. Polas fotos que vin, os cachoupos eran templados, de varios kilos. Caeron dunha altura duns 3 metros. Vamos que se pilla debaixo a alguén, a desgraza podería ser boa. O interesante é que isto pasa tamén ás veces en outras zoas do concello según comentarios que recibín dalgún veciño. Case medo que da camiñar pola rúa como na película de 1963 “Los pájaros” de Alfred Hitchcock. Nesta película do mago do suspense os páxaros baixaban do ceo e atacaban ós cidadáns de Bodega Bay en California (EEUU). Imaxino a xente camiñando por Sanxenxo e vendo hacia o ceo, revisando as cornisas, non vaia a ser!
Está claro que accidentes, haberlos hailos, e que pouco podemos facer máis que tratar de previlos ou evitalos en todo no que sexa posible. Sen embargo, non estaría de máis revisar este tipo de estructuras para que se fagan ben no momento da súa construcción con todas as garantías, e que o mantemento das mesmas sexa o correcto. O digo, máis que nada, porque en certas rúas e zoas moi transitadas, onde hai terrazas… poden pasar cousas coma a ocurrida en Sanxenxo no día de onte. Por sorte, esta vez non houbo que lamentar desgrazas persoais, pero ¿e se volta a pasar e non hai tanta sorte? Remato facendo unhas preguntas ¿quén ten a responsabilidade nun accidente coma este? ¿os donos do edificio? ¿o negocio? ¿o concello?... ¿ou vai ser que ninguén? Coma nas películas de Hitchcock, o suspense está servido polo menos na resposta a ditas preguntas.

¡Choven pedras en Sanxenxo!

Te puede interesar