domingo 27/9/20

III Festa do Jato

Portonovo é un pobo mariñeiro, antes máis ca agora, pero segue sendo un porto mariñeiro. Cando vemos peixe ou espiñas todos pensamos en Jatos.

Portonovo é un pobo mariñeiro, antes máis ca agora, pero segue sendo un porto mariñeiro. Cando vemos peixe ou espiñas todos pensamos en Jatos. En Portonovo sempre houbo Jatos debido a tantos barcos e tanto peixe que chegaba ó seu porto. E así comezou a usarse o xentilicio de Jatos para denominar ós de Portonovo, en plan agarimoso claro está.
Todo comezou fai catro anos cando oito veciños de Portonovo se reuniron para celebrar unha comida no “Día Internacional do Jato”. Foi aquí cando un deles, un deses jatos (Luis Foxter) fai unha proposta: Por qué non engradecer este día e trasladar a festa á rúa máis emblemática e das máis antigas de pobo? a Rúa dos Viños de Portonovo!!!. Unha cousa é decilo e outra facelo. 
Así que o jato Luis reúnese con todos os bares da zoa e decídese que ese día todo o mundo debería saír a rúa vestida de Jato. Ademáis os bares sacarían os asadores a rúa e invitaríase ós veciños e foráneos a unha degustación callejera, e por suposto, sempre amenizados pola música de gaitas e charangas. A festa do Jato sería de todos e para todos. A idea calou tan fondo que decidiron repetir os anos seguintes aportando cada ano actividades novas para todos os públicos.
A festa celébrase sempre o sábado seguinte ó martes de carnaval. Iste ano a III Festa do Jato cadra no 4 de marzo e terá varias novidades. Por exemplo, a exposición na rúa de debuxos de distintos colexios e unha simbólica carreira de Jatos perseguindo a un rato. A carreira irá dende o porto de Portonovo ata a Capilla de San Roque pasando claro está pola rúa dos viños e polo medio de todo jolgorio. Quén será o rato atrevido?. A carreira dará a saida as 12 do mediodía e iste será o pistoletazo de saída para comezar a festa. Cada bar terá varios ratos escondidos que todos os disfrazados de Jato deberán encontrar para así levarse un premio. Por iso o lema é “si ves disfrazado de Jato, encontra o rato”. A festa será este sábado na Rúa de Viños de Portonovo dende as 12:00 do mediodía ata as 15:00 horas. Pola tarde dende as 20:00 ata as 12:00 da medianoite.

Comentarios