IX Xornadas de Sanxenxo na Historia

Este venres acabaron as IX Xornadas de “Sanxenxo na Historia” (29-31 agosto) e como cada ano foron un rotundo éxito. Sendo veciño deste concello, é todo un privilexio poder asistir a estas xornadas ano tras ano. Nin nós mesmos sabemos a riqueza que temos en Sanxenxo, moitísimo máis que sol e praia, unha riqueza inmensa aínda por descubrir para a maioría de todos nós e non digamos dos que nos visitan.  
Estas xornadas están organizadas polo Foro Galicia Milenio e polo Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo donde xente coma Marcelino Agís, Ana Cancela, Rafael Fontoira ou Carmen Outón colaboran desinteresadamente, o cal é moito de agradecer. Este ano centraronse na Igrexa de San Xinés de Padriñan, na nosa cultura gastronómica e nas artes e oficios tradicionais do mar. Cada ano a súa única ilusión é poder levar a cabo este e outros moitos proxectos. Se consiguen publicar algún libro para que toda a nosa cultura sanxenxina quede ahí e non se perda, é un exitazo total!. Como mencionou Marcelino Agís: as palabras voan, o escrito permanece (“Verba volant, scripta manent”). Para o custe da edición e publicación dos libros a Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo soen ser os principais patrocinadores (haber máis hailos, lo malo es encontrailos, por desgraza a veces según a cor política…pois mira por donde: “A política de Sanxenxo” esto daría para varios tomos!). Aínda así, non é suficiente xa que teñen moitos proxectos e libros sobre temas culturais sanxenxinos no caixón, pero faltan cartiños! Por desgraza, como sabemos na cultura non se inviste tanto coma nas festas por exemplo, por decir algo…
Ver o traballo rematado da satisfación pero para os que están detrás das bambalinas saben que o traballo é largo e duro, tanto que esta vez levoulles 3 anos completar  o Volumen V que presentaron este xoves “Sanxenxo na historia: xeografía, historia, arte e turismo”. Este libro compila as charlas dos anos 2015, 2016 e 2017, case 500 páxinas!. De cada libro a tirada é somente de 500 exemplares (o finaciamento non da pa máis), cun papel de gran calidade, moitas ilustracións, fotos e o texto que acompaña. Algunha edición está agotada así que se queredes este, non perdades tempo para conseguilo. 
Este ano o Premio Sanxenxo na Historia concedeuselle ó grupo galego de música folk-celta “Milladoiro” que todo galego coñece (e parte do extranxeiro). A súa música e traxectoria (este ano cumpren o 40 aniversario), máis de 30 discos, un premio Goya, e que algún deles vive en Sanxenxo dende hai moitos anos, fixo que o premio recaira neles. A primeira vez os vin actuar en directo foi precisamente en Sanxenxo, na Praza do Pazo, pegadiña ó lugar donde se lles entregou o premio, o Pazo dos Duques de Patiño. Un sitio histórico e único no centro sanxenxino, pegadiño ó concello, e que amablemente os donos cederon para a entrega deste premio. A primeira vez que puiden contemplar a beleza deste pazo in situ. É precioso a verdade. 
Para rematar, non estaría mal que dende o concello de Sanxenxo, Turismo Sanxenxo, ou a administración que fose, se tomase a iniciativa de tratar de dixitalizar todos estes contidos dos libros Sanxenxo na Historia para que calquer veciño ou turista puidese ter acceso e así coñecer e disfrutar de todo o que temos en Sanxenxo aparte de sol, praia,… 500 exemplares é ben pouco para tanto traballo e sobre todo para ser a historia de Sanxenxo. Debería estar nunha web ou sito incluso ligada ó concello e que calquer persoa dende calquer parte do mundo tivera a oportunidade de coñecer e acceder via internet a toda ista información que tanto traballo deu recopilar e tan descoñecida para case todo o mundo. É simplemente unha xuxerencia, a ver se alguén escoita.

IX Xornadas de Sanxenxo na Historia

Te puede interesar