NO - Abstención - SI

Despois da investidura fallida na primeira votación que de seguro será igual na segunda, que pasará agora? Esa é a pregunta do millón. Despois das primeiras eleccións no 20D do 2015, houbo oportunidade dun goberno de cambio, pero non se puxeron dacordo, e non souberon aproveitar a oportunidade que se lles brindou ó PSOE, Cidadáns e Podemos. As segundas eleccións do 26 de Xuño do 2016 só favoreceron ó PP, e non se producíu o famoso sorpaso, senón que foi peor que antes para todos menos para Raxoi. Levamos máis de 9 meses con goberno en funcións, e seguemos na mesma. Todos falan de que o importante é o país e os seus cidadáns, que unhas terceiras eleccións serían unha vergoña e tomadura de pelo, pero a día de hoxe é o máis posible, e aínda enriba, o Día de Nadal. A ver quén e cantos van votar ese día? Aparte teremos que aguantar os mesmos políticos cos mesmos programas outros catro meses soltando o mesmo rollo, día tras día. Creo que a política, ou máis ben estes políticos, van acabar aburrindonos a todos, senón o fixeron xa para moita xente. O único que se ve é interese partidista e personalismos. Se de verdade quixeran un goberno e pensaran na xente deste país, o goberno xa estaría feito fai tempo. Pero como sabemos, algúns dos candidatos e algún dos partidos xógase case que a existencia, verdade?
Este relaxo venlle ben o PP e as terceiras eleccións tamen, así foi que o discurso de investidura fixo durmir a medio país ou ó país enteiro. O PSOE ten varios problemas, 1) o batacazo nas furnas, 2) unha crise de liderazgo do Sr. Sanchez, e 3) a división interna no partido entre os seus militantes e votantes. Hai os que queren a abstención para deixar gobernar o PP e os que non. Aparte da investidura fallida das primeiras eleccións. Queren, pero non poden. Unidos Podemos, non apoiou a Sanchez no seu día porque se uníu a Cidadáns aparte do tema Cataluña. Iglesias, Garzón e seu partido nunca apoiarán o PP polas políticas de recortes,.... e porque ideoloxicamente son máis distantes que a Terra e o Sol. Pero o que está claro e que os numeros non lle dan, como lle pasa o resto, así que o diálogo e ceder en certos temas pinta que será necesario se a cousa segue igual. Por último, Cidadáns que son o partido comodín, coma un camaleón, cambia de color según lle convén, Primeiro con uns e agora cos outros. Xa o dí o apelido, Rivera, coma nun río, agora esquerda, agora dereita,.... El vai onde o chaman ou según sople o vento. Sen embargo, doulle un mérito, polo menos abreuse o diálogo, cousa que non fixeron outros partidos, que se cerran en banda coma cun cinturón de castidade, pero sen dar outra solución.
Ademáis temos as eleccións autonómicas e vascas a volta da esquina, e o PSOE (e seguro ós outros) non lle interesa que esta decisión se tome agora, pola repercusión que poida ter nas furnas. Aquí en Galicia, según enquisas, o máis seguro e que o PSOE quede relegado a tercerira posición. A primeira disputarase entre o PP e posiblemente En Marea xunto con Podemos. Temos tamén o voto en bloque pola disciplina de partido que obliga a moitos a votar quizáis en contra do que pensan? ou se pensan diferente?, ou me equivoco? Pasa alí, e pasa tamén nos concellos, Deputacións e na Xunta, que non se equivoque ninguén, se pensa o contrario. Como xa dixo alguén, falta que estes políticos fagan un exercicio de responsabilidade política. Creo que a día de hoxe, dos 350 que están no hemiciclo, ninguén o está a facer. Foron elexidos para gobernar o país, pero non hai goberno, polo tanto cobran por non traballar, non?
O PSOE agora terá a responsabilidade, pois é o segundo partido con máis deputados, a 52 do primeiro. Polo que din, nin Sanchez nin os outros queren ir as terceiras eleccións. Tampouco queren a Raxoi, así como algún do PSOE no quere a él. Sen embargo, nadie presenta outra alternativa de peso e que garanta un goberno estable. Igual hai sorpresas, e xurxe algunha abstención este venres (o dudo) ou se deixa pasar as autonómicas e logo invisten a Raxoi noutra futura sesión. Outra posibilidade é que os 180 que votaron en contra se unan, e encabezados por Sánchez se cree un goberno Frankenstein, que incluiría a uns cantos partidos incluidos os independendistas cataláns, etc. Está claro que é unha alternativa, e os tempos cambian. Agora, se os gobernos de concellos con 3 e 4 partidos poden ser un caos e o son as veces, non che digo nada na política nacional, esto podería ser unha ecatombe. Está preparado o país para algo así? están preparados os políticos para gobernar xuntos, dialogar, saber ceder ou aceptar, baixar a cabeza cando toca,.....e todo mantendo un goberno estable? Eu creo que non, porque somos seres humáns, e as nosas emocións fanos impredecibles, e o que se firme nun papel, posiblemente sería papel mollado, como xa pasou maís veces (e non nos toca lonxe). Quen pagaría ó final? Todos nós, o país enteiro. Polo tanto, hai que ir con tino (pero sen pausa) senón queremos que isto se convirta nun problema de tristes e longas consecuencias para o noso país.
Se nos levan as terceiras eleccións, o cal sería o colmo do aburrimento e da irresponsabilidade, estou seguro que maís de un o pagaría nas furnas. Agora si, se así fose, creo que por respondabilidade política e ata vergoña allea, os candidatos dos catro partidos principais deberían dimitir e quedarse a un lado. Unhas eleccións é OK, dúas xa é de risa, pero presentarse os mesmos a tres eleccións despois de ter a un país sen goberno e con todo o que está a pasar e as repercusións que isto pode ter para todos, e seguir ahí, a ver si pillo cacho, ou se os resultados me favorecen,....Isto creo que é pasarse maís que un pouco, xogar cos votos dos españois, e rirse do país enteiro. Para min, opinión propia, se os catro xinetes non se arreglan, que os catro se vaian xa!!! e que se presenten outros. Están a desmostrar que queren, pero non poden, ou o peor, que non saben nin poñerse dacordo nin afrontar os cambios, e antepoñen os partidismos e personalismos ó importante: gobernar o país. Pero, non pasará, senón xa veredes. Xa o decía Miguel Delibes “Para o que non ten nada, a política é unha tentación comprensible, porque é unha maneira de vivir con bastante facilidade”. E non se equivocaba. E pa rematar, decía Jacques Benigne Bossuet “A política é un acto de equilibrio entre a xente que quere entrar e aqueles que non queren sair”. Amén!

NO - Abstención - SI

Te puede interesar