“Un Sanxenxo social pero desigual”

nte houbo pleno ordinario en Sanxenxo e facía como ano e medio que non se veía un ambiente tan movido, con tanta xente, e como non, facendo política a tope que as eleccións están ó caer. Tratáronse diversos temas, pero houbo un que caldeou o ambiente entre outras cousas porque afectaba a persoal do concello, concretamente a unha área sensible “Servicios Sociais”. Todo pasou a raíz dunha moción para arranxar a problemática que acarrexa esta área no concello de Sanxenxo. Según parece o persoal desta área aparte de usar o seu propio coche para ir de casa en casa para facer o seu traballo, seica teñen que estar disponibles e ir traballar as veces nos seus días libres porque según a concelleira de dita área (Servicios Sociais e Igualdade): “Isa disponibilidade vailles no soldo” e isto permite que todo mundo sexa atendido. Seica o soldo do que falamos é unha subida recente de 125 euros/mes. Parece que xestión desta área é complexa e as quendas son complicadas de arranxar; non se pode deixar a nadie desatendido; e parece ser que no último ano se aumentou como en 2000 horas o servicio a domicilio, etc. Sen embargo, quen paga os pratos rotos son o propio persoal, que seguro fan o seu traballo de maneira excelente e non deixan a nadie tirado ainda que as súas condicións de traballo deixen moito que desexar. 
O debate con este tema está aberto pois os traballadores teñen dereitos e deberes, e as empresas (públicas ou privadas) tamén. O que me extraña e que en Sanxenxo haxa problemas nunha área con tanta sensibilidade e que se tomen decisións casi unilaterais (cando as eleccións están a volta da esquina). É verdade que houbo reunións e duas mesas de negociación, pero se os traballadores non fan propostas (ou non son escoitados), isto non exime ós responsables (concelleiros e grupo de goberno) a darlle solución a unha problemática coma ista, pois isto vailles no seu soldo tamén a eles. É bonito ter rúas, facer grandes obras e quedar ben cara a galería, con moitos veciños, cos turistas (e atraer votos), pero un non se pode esquecer dos temas sociais, dos centros de día, dos nosos maiores, da xente dependente… Aquí Sanxenxo invirte, pero dende o meu punto de vista, non o suficiente. As veces fai máis o que quere que o que pode, e en Sanxenxo podese facer máis nesta área, moito máis. Isto só depende de que algúns queiran e destinen a partida presupuestaria necesaria para solucionar ista problemática. Porei un exemplo claro, ocurrido en Sanxenxo de que cando se quere e interesa, pois as cousas fanse.
No verán Sanxenxo é outra cousa e aquí ven moita xente de todos lados, unha explosión de turismo, festa, sol e praia, todo a tope. Tanto nos veráns do 2017 como 2018, outro sector do concello participou en que o verán fose máis seguro para todos, falo da Policía Local. No 2017 axudaron (pero creo que ainda non cobraron) e no verán do 2018 o alcalde aceptou as súas condicións, ou aquí non se curra. E así foi, o acordó foi ¡250 euros/noite! Despois de impostos calculade limpos, 190-200 euros/noite. ¿Qué se lle pasará a moitos agora pola cabeza? O alcalde rindíuse a estas demandas, porque no verán aparte de tanta xente, hai que manter a seguridade e unha imaxe, aínda que custe cartos. E sí, é verdade que isto é necesario, aínda que a min, e así o digo claramente, e creo a moitísima xente, parécenos unha verdadeira exaxeración o que se paga neste caso por unha noite de traballo. Vamos que non é de extrañar que moitos vaian currar hasta en vacacións, etc. En resumen, a policía local de Sanxenxo pide e dáselle o que quere, ou o que o alcalde está disposto a dar para súa tranquilidade e a dos demáis. Sen embargo, isto contrasta co persoal de Servizos Sociais, piden o xusto me parece a min, ¿e que se lles da? Pois que traballen no seu día libre se as chaman, usen os seus coches…. ¿a cambio de qué? ¿125 euros/mes? Isto contrasta e moito cos 250 euros/noite dunha garda da policía local no verán.  Creo que a desigualdade é clara, e salta a vista. Nin tanto para uns, nin tan pouco para outros. Creo neste caso non se está sendo xusto. Pero claro, da a sensación que invertir nos temas sociais, nos nosos maiores,… ó longo de todo ano non ten a repercusión ou importancia que invertir un par de meses no verán onde nos visitan personalidades, ata membros do gobernó central, a jet set, etc. Creo que en vez de concellería de Servizos Sociais e Igualdade podería chamarse Servizos Sociais e Desigualdade, pois os medios que se dedican tanto en Sanxenxo coma no resto do país son moi insuficientes. Agora é tempo de promesas, pois mellorar e invertir en temas sociais debería ser unha das prioritarias para tódolos partidos políticos.

“Un Sanxenxo social pero desigual”

Te puede interesar