A Senda fluvial do val de Dorrón

orrón é meu pobo, miña parroquia, e pertence ó concello de Sanxenxo. Aquí temos unha riqueza e potencial enormes que moitas veces son descoñecidos incluso polos seus propios veciños, tanto de Dorrón como de outras parroquias do concello. Unhas veces pola falta de interese, apoio insuficiente ou inexistente das administracións, por teimas políticas ou so pensar no futuro a curto prazo ou simplemente por descoñecemento, moitas tradicións, costumes, riqueza cultural, historia…  senón foxe por iniciativas privadas, algunhas asociacións ou veciños con inquedanzas, todo se perdería polo camiño. E isto non produce máis que tristura. Moitas veces pasa que os que queren non poden, e outras, os que poden non queren.
Conxuntar o presente co pasado e co futuro, é tarefa de todos. Niste ano covidiano onde tivemos moito tempo para pensar e estivemos encerrados uns meses nas casas, pisos, sen poder moverse, nen sair en liberdade a respirar aire puro ou camiñar entre natureza… Cando as portas do confinamento se abriron, a xente saiu en tromba, buscando natureza, árbores, parques, ríos, praias... Había un anhelo inmenso de poder desfrutar daquilo que dábamos por feito e do cal nos privaron durante un tempo. Moitos se derón conta de que vivimos nun planeta extraordinario que non coidamos o suficiente, e que as veces as pequenas cousas, as máis simples e que non custan cartos, son as que necesitamos para sentirnos ben e acadar a tan ansiada felicidade. Neses días tan duros ter un xardín, unha horta, un monte, río, praia… preto da casa, era un luxo. Para moitos incalcanzable e máis sendo de cidade. Por sorte, aquí en Dorrón, isto existe, e creo que axudou a pasar o confinamento dunha forma máis levadeira. 
Para decribir o val de Dorrón, co río Pintillón que nace no Caño Sifón e desemboca na Praia de Areas, poderíamos usar as palabras de Rosalía de Castro: “Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares,…”. Así pensó eu de Dorrón, como posiblemente, calquer veciño do seu pobo.
Pasan os anos e as memorias vanse coa xente que nos deixa, e isa riqueza que tiñamos e nadie recuperou, tamén. Hai obras que se fan rápido se unha comunidade, un grupo de veciños, unha parroquia, un concello, se deciden a facelo.  As veces os cartos non son o problema, senón que haxa interese por facer o que de verdade se debe e quere facer, e non, o que interese facer por razóns moitas veces políticas. É triste, pero hay que decilo, estamos no peor momento que recordemos dende a Guerra Civil, e tamén coa peor situación política que podíamos ter. A crise sanitaria xuntase coa crise política e outra económica (e agora a monárquica) ¡Bingo! Vaiche boa...
Dorrón leva moitos anos pedindo que se faga a senda fluvial polo seu val pasando polos muiños xa restaurados. Os terreos parece xa non son o problema pois están case o 100% cedidos. Entón os veciños preguntámonos ¿por qué non se fai? ¿cal é o problema? Sexa o que sexa, que sepan as autoridades que esta senda daría unha riqueza inmensa a Dorrón e Sanxenxo no seu conxunto, sería unha alternativa de ocio/vida saudable/turismo, unha senda que comezaría na Praia de Areas e remataría, si se quere, conectada coas rutas que van dar a Armenteira. Todos, veciños e turistas, terían outra alternativa para coñecer e desfrutar da nosa terriña. Só queda que os políticos decidan, consideren, vexan… que isto é necesario, fai falla (constame que o saben). Os muiños están restaurados, so falta limpar e pouco mais, o cal custará algúns cartos claro está. Dorrón quere a súa senda así como o campo de fútbol (medio abandonado a día de hoxe), e eu, coma un veciño máis de Dorrón, únome o alegato de pedir para o meu pobo o que consideramos é necesario e que Dorrón se merece.

A Senda fluvial do val de Dorrón

Te puede interesar