Aparentar ser bo rapaz non é suficiente para ser alcalde

stes días asistíamos ao que pensábamos sería o final dun capitulo que se alargaba en exceso no tempo, a solución os recibos de auga inflados. Transcorrido un ano dende que os concelleiros do Partido Popular de Ribadumia advertísemos ao alcalde, primeiro de que estaban a chegar recibos cun consumo cero e, un ano despois, de que estaban a chegar recibos de auga desproporcionados, pensamos que xa chegaría a solución definitiva, pero aínda toca esperar.
A realidade é que IR e o alcalde de Ribadumia, non asumiran no seu programa electoral compromisos importantes para o Concello que aspiraban a gobernar. Nese sentido, ninguén poderá pedirlle contas, mais aínda dende que tivo que firmar un pacto de goberno Tripartito para acceder a alcaldía.
Pero o que si lle debemos pedir é que resolva os problemas que afectan os nosos veciños e aproveite as oportunidades que se lle brindan ao noso concello. Iso corresponde única e exclusivamente ó alcalde, David Castro.
Non é de recibo que, un ano despois de coñecer o problema dos recibos de auga inflados, o alcalde siga a escusarse e votar culpas a outros, mentres 600 familias seguen a espera de que se resolva o problema e devolva o cobrado de mais.
Non é de recibo que 3 anos despois de que accedera a alcaldía manteña a Pousada pechada, sen importarlle o perxuicio que se lle causa a propia instalación e os veciños de Ribadumia, mentres que viaxa a Francia, Italia ou Fitur a promocionar non sabemos moi ben o que.
Non é de recibo que Ribadumia perda unha subvención da Deputación de 1,5 millóns de euros, por presentar un proxecto que non cumpría os mínimos esixidos na convocatoria, mentres que outros concellos do Salnés, si recibiran tan importante axuda económica para melloras nas súas infraestruturas municipais.
Non é de recibo que o alcalde mal gaste 50.000€ en arranxar un finca privada para aparcamento, a cambio dun uso público de tan só 5 anos, momento a partir do cal, o propietario podrá dispoñer da mesma.
Non hai nada mais gratificante que ser alcalde ou alcaldesa do teu pobo, e axudar desde esa posición, a mellorar as condicións dos teus veciños e do teu concello, pero para conseguir iso, non chega aparentar ser “un bo rapaz”.
 

Aparentar ser bo rapaz non é suficiente para ser alcalde

Te puede interesar