OS NORMAIS DESTE IDÍLICO PAÍS

Fai uns días o Sr Rajoy pediu o voto para a xente “normal” que ama a este país. Ou sexa, para Rajoy hai dous tipos de seres humanos: os normais e os outros. ¡Ala!, aí queda iso para gravalo en bronce. Os estudosos e eruditos, van ter que entrar nese pensamento filosófico “rajoyiano” para analizar unha nova filosofía.
Non encanto, para min non paga a pena resolver o intuír o que quere dicir semellante “filósofo” sobre o que dixo da xente normal, todo e froito do déficit ético e moral de parte da poboación deste país. A súas palabras, pensamentos aburren ata aos mortos, son simples e non aportan nada a ninguén. Se os que lles vota son os normais deste país. ¿ Que son os outros millóns de cidadáns que votan a toda a pluralidade de partidos ?. Debemos ser anormais, raros ou extraterrestres.
Non é un problema de “normais” Sr. Mariano. É un problema dalgunha xente que lle segue (sen un mínimo de crítica) e que lles segue votando; total, coido que o que estanos a dicir o Sr Presidente é que para arranxar o que levan destruído durante estes case catro anos, hai que volver a votalos. Tamén quere dicir aos normais, que inspira unha confianza “normal”, seica , que entre as masas e camadas populares esta palabra é máxica, en tempos de crise-estafa encalma aos mesmos “mercados”, xa baixou o paro, baixan os intereses, caen as hipotecas, xa non nos bourean aos  anormais a bergallazos se protestamos e o “Estado do Benestar” vai vento en popa.  
Como Rajoy siga dicindo estas imbecilidades, vaise cargar a teoría da evolución de Darwin, no lugar de que o home descende do mono, vai ser que o nono descendo do homo sapiens, a este Sr. fáltalle pouco para subirse ao árbores cos seus conxéneres.
A este home coido que se lle foi un pouco a pinza; se D. Ramón del Valle-Inclán levantara a cabeza tiñamos esperpentos cada día. Reservémoslle  praza  no Panteón de Galegos Ilustres, e se temos que botar fóra a Castelao, que carallo, pois o facemos.

OS NORMAIS DESTE IDÍLICO PAÍS

Te puede interesar