VEÑEN TEMPOS NOVOS DE FACER POLÍTICA

Temos que tomar nota da lectura destas eleccións municipais, onde os cidadáns dixeron  nas urnas que comeza o principio dunha nova forma de facer política, o principio do fin do bipartidismo.
Escoitando onte a Pedro Sánchez da a sensación de que o PSOE non perdeu 775.000 votos, e o PP máis de dous millóns e medio. Ou sexa, entre os dous partidos preto de tres millóns trescentos mil votos. Pedro Sánchez estivo moi pouco prudente ao falar que o PSOE gañou en resultados, penso que entre os baróns da cúpula do PSOE aínda non se dan conta que a cidadanía doulles un voto de confianza sen maiorías. Coido que esa falso triunfalismo lles pode saír o tiro pola culata senón analizan ben estes resultados. Como dixo onte un socialista de moita tradición de Vilagarcía, un home que coñezo desde aqueles tempos da “longa noite de pedra”: “...o PSOE nestas eleccións saíu coxo, manco e torto, isto de crear triunfalismo pode ser nefasto...”
A cidadanía lles dixo moi ben que hai outra forma de gobernar, outra maneira de facer política, ou estase coa xente do común,  ou estase coa banca e IBEX 35. Hai que contar con todas as forzas da esquerda para facer ese fronte común á corrupción, pobreza, rescate da cidadanía, leis represivas ditatoriais e o estado do benestar. Trocar a soberbia pola humildade, a prepotencia polo diálogo e  o sentido común. Este novo “municipalismo democrático”, xa está desafiando a esa linguaxe do politicamente correcto convencional, cousa que aínda o está reproducindo os medios de comunicación, inclusive obviando a formacións políticas de esquerda, sen darse conta que veñen outros tempos, que esa política vella e rancia vaise apagando, que vaian tomando nota. 

VEÑEN TEMPOS NOVOS DE FACER POLÍTICA

Te puede interesar