domingo 20.10.2019

X Todas

urante o día de hoxe nos acompañou unha profunda dor por mor do triple feminicidio ocorrido onte nesta nosa provincia, no Concello de Valga. Ademáis disto, por se non parecese ser bastante, outro fillo sano do patriarcado rematou coa vida doutra muller en Madrid, repetíndose a fatídica historia.
Cargamos connosco desmesurada dor e tristura pero sobre todas as cousas, nos acompaña a raiba e impotencia, sentimentos que non nos abandonan en ningún momento, ao mesmo que paso co medo, grabado na pel dende o momento no que somos conscientes das desventaxas que teremos ao longo da nosa vida, polo feito de ser muller, neste sistema machista e patriarcal.
Estamos enfadadas porque a diario se pretende negar a realidade da violencia machista, nas redes sociais, nas rúas, nas escolas, nas casas e tamén por determinados grupos políticos.
Dende o colectivo XTodas queremos mostrar que estamos fartas das mal chamadas “ordes de protección”, de que o foco se poña na víctima e non no agresor, de que as que teñamos que cambiar de entorno para un novo comezo sexamos nós!! Estamos cansas de que as medidas de protección non sexan efectivas e que as penas non sexan exemplarizantes! Estamos fartas de que as “ordes de protección” se salten tan fácilmente e non pase NADA!
Por iso demandamos aos poderes políticos e á cidadanía máis implicación na erradicación da lacra social da violencia de xénero. 
¡¡Precisamos prevención!! Máis inversión e dedicación en coeducación e educación sexual nas aulas, que dote aos menores de habilidades e ferramentas que lles permitan tratar en igualdade e recoñecer e abordar situacións de abuso.
Queremos medidas de protección efectivas que poñan o foco no agresor, xa que é a persoa perigosa, á que convén ter vixiada. Ademáis de promover que a víctima non teña que afrontar a situación de cambiar o seu entorno e comezar de cero.
Endurecemento das penas que garanticen a verdadeira seguridade das víctimas e a súa familia. Asimesmo, pedimos que se amplíe a consideración de “víctima de violencia de xénero”, termo que non visibiliza a veracidade da realidade.
Formación con perspectiva de xénero na administración, sen exclusividade para as persoas que traballan específicamente con víctimas, xa que a violencia machista pode estar presente en cada ámbito da vida.

NON PODEMOS NEGAR A REALIDADE, 
SIGUENNOS MATANDO!!
PORQUE SOMOS PERSOAS, NON SOMOS 
NUMEROS!!
POR ELAS, POR NOS, POR TODAS!!
Asdo: A Directiva

X Todas
Comentarios