DA LACRA DO PARO E A PRECARIEDADE

NesteO paro,  esa lacra que padecemos no dia a día, esta sendo utilizado  por algúns para, a través do  enganos e mentiras, intentar sacar réditos a costa da necesidade. Estamos a ver como estes gobernos usan o drama da miseria e pobreza para poñernos nas mans da explotación do grande capital.
Un, como parado, entende perfectamente a desesperación que poidan sufrir as persoas que se atopen nesta situación, máis tamén entende, que esta non nos debe levar a deixarnos confundir ou buscar solucións que poidan ser erradas, e que poidan contribuír a meternos máis nesa situación de desamparo ou a servir como “carne de canón” para os intereses e  aumento de ganancias das  grandes empresas e multinacionais. Non deberamos deixarnos levar e meternos nesa espiral que nos leve a un camiño sen saída. 
Precisamente para as concelleiras e concelleiros do BNG en Vilagarcía de Arousa, que ao igual que outros compañeiros e compañeiras, tamén padecemos este drama do paro, este é  un dos motivos polos que estamos a militar nesta organización.
Unha organización onde creemos que a creación de  emprego debe de ser a prioridade de calquera goberno, pero que este ademais se debe crear sobre bases sólidas e que permitan vivir dignamente as persoas. Por iso dende o BNG pelexamos dia a dia para que se desenrolen os nosos sectores produtivos, pola creación de industria, por incentivar a investigación, contra a reformas laborais aprobadas, contra a precariedade no emprego ..., e tamén pola defensa do noso  pequeno comercio como algo fundamental para a creación e mantemento de emprego máis estable.
Día a dia esforzámonos por reclamar, fronte os que están a privatizar o público, que é necesario apostar pola creación de emprego e os servizos públicos; fronte os que abandonan ou  non apostan polos nosos sectores produtivos, que é preciso a potenciación e desenrolo dos mesmos, reclamamos a retirada da reforma laboral e a creación de emprego digno como base dunha sociedade máis xusta,... e tódalas medidas precisas para defender e crear emprego digno na nosa terra.
Sabemos que é preciso revelarnos e combater a estes gobernos que padecemos, e que están sometidas aos intereses das grandes multinacionais, aplicando políticas liberais  que destrúen e precarizan o emprego. É preciso, pois organizarse e revelarse.
Neste senso valoramos positivamente a creación de plataformas ou colectivos de persoas que se unan, se preocupen e se revelen contra o paro. Animámolos a que sigan nesa loita na procura do emprego. Mais invitámolos a unirse na loita do  día a día polo dereito a un posto de traballo digno e estable que é o que merecemos e ao que temos dereito. Non debemos deixarnos enganar e caer no erro de, asumindo a precariedade,  fomentar  os intereses das multinacionais a costa de que se  precarice aínda máis e se  destrúan  moitos postos de traballo.
En Vilagarcía, por exemplo, deberíamos ter claro que as  grandes areas comerciais, fronte a falacia que nos queren facer crer, non crean emprego e pola contra o destrúen e precarizan; que unicamente serven para que as multinacionais engrosen as súas contas a costa de levar os nosos cartos e recursos económicos para fora sen inverter,  nin que repercutan ou creen riqueza  no noso concello.
Non deberamos, pois  caer no engano de aqueles que pretenden fomentar a miseria para poder sacar beneficio a costa da mesma. 
*Voceiro municipal do BNG en Vilagarcía.

DA LACRA DO PARO E A PRECARIEDADE

Te puede interesar