O Goberno central como inimigo

Di o refrán que dous non se entenden si un non quere, ou que non hai peor inimigo que aquel que non quere entenderse.
Pois ben no caso de Vilagarcía de inimigos parece que imos sobrados, de feito coa propia Administración Central teríamos de abondo, posto que dende o Ministerio de Fomento, pasando polo Ministerio de Xustiza, o de Economía e Facenda... ate chegar a propia autoridade portuaria os agravios coa nosa cidade non deixan de sucederse.
O goberno do Estado parece que se tivese fixado na nosa cidade para pór en práctica, as políticas máis nefastas, que como maldicións bíblicas, caísen sobre as nosas cabezas. E así, deixando ao porto para un capítulo aparte, vemos como no caso de Fomento, a través de Adif, intenta privatizar o aparcadoiro na explanada da estación do tren, o Ministerio de Xustiza fai oídos xordos a reclamación do 4º xulgado, e mentres o de Economía e Facenda privatiza e pon a venda os terreos que servirían para realizar esta ampliación.
Suponse como principio fundamental que o goberno dun estado e o das súas cidades deberían poñerse de acordo para perseguir os mesmos obxectivos de cara ao ben común; mais en Vilagarcía  parece existir un interese especial para que esa premisa non se cumpra e os feitos de xeito teimoso así o parecen confirmar.
Os feitos parecen querer demostrar que ao Goberno do Estado non lle importa o máis mínimo nin a cidade nin os Vilagarciáns, incluso semella o inimigo que actúa contra a mesma. Mesmo parece que estes gobernos do estado e os de Vilagarcía se empeñasen en aplicar distintos modelos de cidade do que precisamos os vilagarciáns, e que tivesen como único fin actuar un contra do outro como verdadeiros inimigos olvidándose e deixando de lado os verdadeiros intereses da cidadanía de Vilagarcía.
Hoxe de volta, atopámonos coa posta en venta ao “mellor postor” por parte da administración duns terreos que son vitais para o desenrolo da nosa cidade e para o modelo que da mesma precisamos. Unha vez máis atopámonos coa posta en venta do patrimonio público con fins que nada teñen que ver cas  necesidades da nosa cidade, e coa única fin de dar negocio poida que a algún amigo . 
Resulta lamentable o feito que dende o ministerio de turno en Madrid intenten vender e privatizar uns terreos que son públicos sin interesarse o máis mínimo das necesidades dos cidadáns, pero resulta aínda máis triste e penoso que sexan os propios traballadores quenes lle teñan que lembrar ao goberno de Vilagarcía das necesidades desta cidade e máis aínda quenes estean reclamando as mesmas.
En Vilagarcía vimos reclamando dende fai tempo un cuarto xulgado e precisamos eses terreos para a súa construción. Precisamos, polo tanto, que dende a administración do Estado se entendan e atendan as necesidades de Vilagarcía e da súa cidadanía, pero tamén un goberno Local que as defenda e as reclame.
Dende o BNG reclamamos un goberno local con capacidade para ver as necesidades desta cidade e decisión para reclamarllas a quen corresponda. Neste concello precisamos un goberno  de paso firme  e que poña os intereses da cidadanía por enriba de calquera outro. 
*Voceiro municipal do BNG en Vilagarcía.

O Goberno central como inimigo

Te puede interesar