OS IMPOSTOS E A XUSTIZA SOCIAL

Pódese afirmar que unha sociedade non se pode considerar xusta, si os seus impostos non o       son. 
Os impostos , pois ademais de ser un instrumento básico e imprescindible para o mantemento dos servizos públicos, debe ser tamén un elemento que contribúa de forma equitativa e solidaria a consecución do chamado estado do benestar e a xustiza social. 
Entendese pois que os presupostos  deben ser solidarios, xustos e PROGRESIVOS, isto é, que pague máis o que máis ten e menos aqueles máis desfavorecidos, e que contribúan a redistribución da riqueza . 
Pola contra estamos a comprobar nos últimos anos, como cos distintos gobernos sobre todo do PP, os impostos están a contribuír a crear unha maior diferenza social aplicando unhas políticas neoliberais ao servizo dos poderosos, e con elo, fomentando e creando os efectos contrarios para os que deberían servir; isto é, aumentando a diferenza entre ricos e pobres. Así, mentres un traballador non se pode eximir, e se lle esixe  contribuír cunha parte importante do seu modesto soldo, vemos como os grandes capitais evaden os seus impostos ou  tributan en paraísos fiscais, e os que non o fan, acaban tributando só unha moi pequena parte ou unha parte insignificante das súas fortunas. Vemos como mentres a gran maioría social está sendo afogada, as grandes fortunas desfrutan de moitas prebendas. Neste senso poderíamos falar das amnistías fiscais as grandes fortunas, grandes empresas que non compensan nin o dano ecolóxico que producen ao contorno,  o non tributo polos movementos especulativos, a falla de cargas polas vivendas desocupadas (principalmente dos bancos ),  a exención de tributar  que se lle ten concedido a igrexa, etc. 
Vilagarcía non é allea a esta política impositiva neoliberal, un exemplo témolo no “Catastrazo” imposto no anterior mandato polo PP. Un “catastrazo”, baseado na especulación urbanística e na burbulla inmobiliaria, e que ten condenado as familias desta cidade a pagar unhas cantidades totalmente desproporcionadas polas súas vivendas que están contribuíndo ao seu afogo económico. 
Un paso fundamental, pois, é o desmantelamento desta política neoliberal ao servizo dos poderosos  e que esta afogando as clases máis populares, coa fin de  pór en marcha  unhas novas políticas tributarias no camiño da xustiza social, que axuden a  redistribuír a renda e correxir as desigualdades sociais. 
En Vilagarcía acabase de  presentar ao pleno a modificación dunha serie de ordenanzas fiscais e nas mesmas formuláronse algunhas propostas que melloran as existentes, entre elas o CATASTRAZO imposto no anterior mandato polo partido popular. 
Dende o BNG estamos porque se dean pasos para acabar coa desigualdade social, e neste senso non imos a permitir que permanezan as políticas impostas polo PP, apoiaremos calquera medida que axude a anular as mesmas e supoña algún avance de cara a redistribución da riqueza, atenda os máis desfavorecidos e camiñe cara a xustiza social ; e aínda que somos conscientes que queda camiño por percorrer, seguiremos a traballar para que esa meta se acade. 
*Voceiro municipal do BNG en Vilagarcía.

OS IMPOSTOS E A XUSTIZA SOCIAL

Te puede interesar