De propostas e negociación para o ben común e de “mercadeo” para o ben propio

Hai quen fai da insistencia na mentira e insulto a base da súa actividade política, na esperanza de conseguir enganar a cidadanía e poder conseguir uns “reditos”, que normalmente aplican para o beneficio propio. Deste xeito non dubidan en aplicar a máxima de que “ unha mentira repetida mil veces podería pasar por verdade”; ou a de “ minte e volve a mentir que algo quedará”...;  pois ben,  estas máximas aplicadas por Goebbels na propaganda nazi que tamén contribuiron a gañar eleccións a Hitler parece que son coas que máis cómodo se sinte, e ten adoptado, Tomás Fole para desenvolverse e intentar manterse  na actividade política.
Unha vez máis o portavoz do PP de Vilagarcía, veu de aproveitar este espazo de opinión que brinda este diario para arremeter novamente contra do BNG e o seu portavoz; e de novo na súa liña, utilizando a mentira e o insulto sen ningún tipo de complexo.
Nese artigo volta Tomás Fole a sacar toda a súa oratoria baseada na mentira, insulto e calumnia ao máis puro estilo da propaganda nazi aplicada por ese ministro de Hitler que foi Joseph Goebbels, para atacar ao portavoz do BNG e tamén a acusar a nosa organización de “malvenderse” e a miña persoa de levalo a “deriva e desaparición” entre outras ”lindezas”; esta vez, polo feito de presentar unhas propostas para os próximos orzamentos do noso concello de Vilagarcía de Arousa.
De novo o portavoz do PP Tomás Fole pretende confundir entre unha política que se ten marcado o BNG de traballar a favor da cidadanía de Vilagarcía e do noso país, reclamando, negociando, e de ser necesario, chegando aos acordos precisos para acadar melloras para os veciños e veciñas deste concello; coa de “mercadear” ou “conchaveo” que ten propiciado e practicado él e o seu partido en calquera outra negociación.
A diferenza é clara, pois mentres dende o BNG poñemos por diante as reclamacións de melloras nas políticas para o fomento do emprego, potenciación dos nosos sectores produtivos, ampliación dos servizos sociais, melloras para o rural, potenciación da nosa cultura e o patrimonio, políticas para a mellora no medio ambiente e de aforro enerxético, de accesibilidade e de humanización,..., como condicións necesarias para apoiar os orzamentos. 
Pola contra, a súa e a do PP foi a de antepoñer os seus soldos. Así fronte a unha política de reclamar melloras e avances para a cidadanía, outra que antepón os intereses persoais e os dos amigos, aínda que sexa a costa de sangrar a maioría social e os máis desfavorecidos.
Queda claro ( cada día máis ) que o voceiro do partido popular non é capaz de asumir nin entender que dende o BNG deamos prioridade ao ben común fronte aos intereses personais; e neste caso, atrévese a  manifestar que deberíamos ” vendernos máis caros” e “ coller unha concellería”, ou o que sería o mesmo, liberarnos con un soldo como reclamou Él e a súa formación.
A Tomás Fole parece non entrarlle na súa conciencia a idea que se poida traballar pola cidadanía sen ter como prioridade un soldo ou  o goberno. Non parece capaz de entender, e polo tanto, o seu subconsciente traiciónao de cotío, sobre o feito que se poida traballar polo ben común aínda que se esté na oposición e non se conte con un soldo. Evidentemente dende o BNG temos claro que da forma máis fácil e efectiva coa que se poden cambiar e conquerir as cousas é gobernando, máis non por elo deixaremos de seguir pelexando e traballando dende a oposición para avanzar nese camiño de conquerir mellorar no  ben común.
Para o BNG quedou xa claro que Tomás Fole e o seu PPartido nunca tiveron como prioridade as necesidades da cidadanía, e que nin estando no goberno nin agora na oposición, lles preocupa solucionarlle os problemas aos veciños e veciñas. So esta interesado en manter o seu “circo mediatico”, baseado no insulto e nas mentiras, para seguir enganando a cidadanía. Ese “circo mediático” no que pretende ademais que os demais grupos que estamos na oposición,  tamén o BNG participemos dese “ espectáculo”.
Pero como xa lle temos manifestado, por activa e por pasiva, o BNG non vai a facerlle de “palmeiro” nin os coros ao PP no seu circo; para ese cometido que siga chamando a outras portas e mantendo reunións coas outras forzas. 
Que sigan coas reunións nas oficiñas ou nas cafeterías; pero que teñan claro que o BNG non vai participar nas mesmas. Dende o BNG temos claro que os nosos fins son os de traballar para o noso país, a cidadanía e os máis necesitados, e avanzar na conquista da liberdade, os dereitos e xustiza social. 
Fins que hoxe por hoxe atópanse  no polo oposto aos do Partido Popular.
Polo tanto que sepa o voceiro do Partido Popular Tomás Fole que por máis mentiras e insultos que lance contra o BNG e o seu voceiro non vai conseguir variar os nosos principios nin a folla de ruta. Pola contra nos reafirma que imos polo bo camiño. 

*Voceiro municipal do BNG en Vilagarcía.

De propostas e negociación para o ben común e de “mercadeo” para o ben propio

Te puede interesar