E XA VEN O VERÁN

Logo dun inverno como o que tivemos, con chuvias , vento e frío en cantidade suficientes como para fartarnos. Un inverno “dos de antes”, que son os que mellor fan mostrar as nosas carencias e vergoñas; aproximase o verán no que se deberá dar conta de si se ten tomado nota ou non destas carencias.
En Vilagarcía este inverno mostrounos, entre outras cousas, que o noso saneamento segue a ser totalmente deficitario e pendente de executar. As constantes verteduras ao río do Con e tamén as distintas zonas do litoral, tamén as inundacións tanto no casco urbano como en zonas do rural, as deficiencias nos parques e infraestruturas, as fochancas espalladas polas distintas vías do noso concello,...viñeron a presentarnos as tarefas que dende o goberno se teñen pendentes.
Achegase o verán e a cuestión esta en coñecer si a solución a estes problemas vai estar lista para a chegada do mesmo, cales van a ser as prioridades, e si o goberno de Vilagarcía vai tomar en serio a tarefa de solucionar os problemas reais deste concello.
A día de hoxe as noxentas verteduras ao río continúan un día si e outro tamén, lembrándonos que a pesares das innumerables promesas e campañas feitas polo partido popular, o saneamento da nosa cidade segue a estar pendente. O mesmo poderíamos dicir no referente aos centros socioculturais das parroquias, os educativos, deportivos,.... Nas vías e saneamento do rural, nos parques e rúas, etc.
Dende o BNG, reclamamos e acadamos do goberno o aumento, entre outras, nas partidas orzamentarias para saneamento, vías e camiños do rural, e tamén arranxo de infraestruturas. Facilitamos, ademais, a súa aprobación e adxudicación para poder dar solución a estes problemas.
Chega a hora da verdade, e de agardar que agora o goberno cumpra coa súa responsabilidade de empregar esas partidas en solucionar estas cuestións que lle afectan e xestionar aquelas outras que debera compartir en dar solución. É hora, pois, de levantar as alfombras e limpar a casa.
Chega o verán e o goberno do noso Concello deberá ter claro que esta estación é fundamental para traballar de cara a permitir o seu disfrute por parte de tódolos cidadáns. Pero sobre todo para non esquecerse de todo o traballo que toca executar.
O goberno de Vilagarcía, pois, deberá ter en conta que é moi importante que quen nos visite leve unha imaxe positiva desta cidade ( goce da mesma e contribúa a “vendela” ); mais tamén que é obrigado, que a cidadanía de Vilagarcía de Arousa  poidamos vivir dignamente e gozar do noso entorno perante  todo o ano.
Non haberia, pois  tempo que perder, o verán  xa esta aquí e o seguinte inverno moi próximo. 
*Voceiro municipal do BNG en Vilagarcía.

E XA VEN O VERÁN

Te puede interesar