Martes 20.11.2018

OS AVISOS DA SEÑORA VIZCAYA

Veño de ler nun diario unha nota emitida desde a Concellería

Veño de ler nun diario unha nota emitida desde a Concellería de Servizos Sociais de Riveira. E, por máis que me esforzo, non dou creto a tal despropósito e descaro do “aviso” que a señora Vizcaya nos envía aos responsábeis de Stop-Desafiuzamentos.
 Esta Plataforma comezou a andar hai uns anos cando aqueles e aquelas que estamos todos os días en contacto coa realidade social nos decatamos que se trataba dun problema moi serio e en constante crecemento. Mentras isto sucedía algún importante cargo local decíanos “que en Riveira non se daba ese problema”. Finalmente a terca realidade abriulle os ollos.
Comezamos a solicitar o apoio da administración local porque cremos que é a súa obriga humana e de responsabilidade política o atender a quen o necesita diante de tan grave problema. A nosa insistencia deu lugar á implicación do Concello de Ribeira coa creación do Comité Local de Inclusión Local, no que a propio Concello, a Plataforma, e outras organizacións tentábamos atopar unha ferramenta máis eficaz e útil para combater éstas situacións.
 Desde a Plataforma nunca puxemos en cuestión o traballo e dedicacións dos profesionais dos servizos sociais do Concello. Só se fixo unha nota emitida polo voceiro da plataforma, Xosé Manuel Pena, o 23 de marzo, na que se daba conta dunhas cuestións que se podían mellorar e que incluso recoñecía o esforzo do Concello. En ningún momento fixemos pública a situación de ningún afectado sen o seu consentimento, aínda que si fixemos pública unha situación de xeito xeral, máis grave dos que algúns pensaban.
Por iso me resulta indignante que a señora Vizcaya nos mande “un aviso”, que semella un insulto cargado de connotacións caciquís e autoritarias. Pero Stop Desfiuzamentos só atenderá aos “avisos” dos necesitados, non dos que baixo o amparo dun cargo público tentan impoñer a lei do silencio. A señora Vizcaya hai un ano que asumeu a súa responsabilidade en Servizos Sociais e aínda non reuniu o Comité de Inclusión Social.

OS AVISOS DA SEÑORA VIZCAYA
Comentarios