Gaña Rajoy e afrouxa a nova política

OPP foi claro vencedor das eleccións. Sobe 4,2 pontos (do 28,7 ao 32,9%) e 14 deputados ao 95% escrutado (de 123 a 137), puxando do bloque PP-C’s dos 163 aos 169 escanos, pois que C’s, cunha moi discreta baixada perdeu 8 deputados (de 40 a 32). Os outros 5 perdeunos o PSOE (baixa de 90 a 85), que quitou o peor resultado da historia, malia que o mantemento do segundo posto en votos e escanos fronte Unidos Podemos (máis En Marea e as confluencias catalá e valenciana), que igualou resultados (71 escanos) cos obtidos por estas forzas e IU hai seis meses.
Psicolóxicamente Rajoy é o claro gañador, porque converte C’s nun socio inncesario, quítalle 50 deputados ao PSOE, que ficaron segundos e frea a Pablo Iglesias, que non rendibiliza a coalición. Será complexa, porén, a reedición do goberno Rajoy, pois que fóra de C´s non se albiscan socios probábeis, xa que Sánchez salvou o segundo posto e os mobles. Mais será imposíbel superar eses 169 votos negativos, tendo en conta que os 17 deputados independentisdtas cataláns (9 ERC e 8 CDC, que repetiron resultados do 20-D) non votarán a prol de candidato ningún. Ao final é probábel que goberne Rajoy, mais perderá sen dùbida moitas votacións no Congreso. E terá que mudar, quzais substancialmente, as claves da súa axenda política.
O ocorrido no noso País é, quizais máis rechamante. Aquí o PP recupera catro pontos (do 37 ao 41%) e a suma de votos do PP e de C’s sobarda o 50%, fronte ao 46% curto da suma do BNG, En Marea e PSOE. En Marea perde un escano e a avantaxe a respecto do PSOE, que obtén 6 con moi poucos votos máis. O PP gaña este deputado e o ùnico de C’s e En Marea acusa o castigo nomeadamente nas cidades onde goberna.
Evidentemente as autonómicas non son procesos comparábeis, mais En Marea terá, sen dùbida, que ampliar a súa base social ollando cara ao galeguismo, ao tempo que se dota dun programa de goberno críbel e dunha equipa solvente. BNG, PSde G e o mundo das Marés terán que enfrontar a difícil tarefa dunha alternativa plural e confiábel, se non queren que Feijóo teña opcións reais de revalidar a maioría absoluta.

Gaña Rajoy e afrouxa a nova política

Te puede interesar