• Sábado, 22 de Septiembre de 2018

Menos Estado de Dereito

Semella que o núcleo duro do establishment español

Semella que o núcleo duro do establishment español (que integra, dende logo, aos maxistrados dos Tribunais Supremo e Constitucional e ás directivas dos partidos do tripartito do 155) acredita que para defender a unidade de España cómpre limitar, reducir ou mesmo desmontar o Estado de Dereito.
A decisión do maxistrado Llarena denegándolle a Jordi Sánchez a autorización para concorrer ao pleno da súa investidura como candidato a presidir a Generalitat vulnera o dereito constitucional de sufraxio e atenta contra o principio de autogoberno parlamentario. Pois Jordi Sánchez foi aceptado como candidato, elixido pola cidadanía catalá como deputado e proposto polo president do Parlament como candidato á presidencia. Desta volta, para máis, trátase dun candidato que non está inhabilitado e que está ao dispór do Tribunal. Que razóns hai para rexeitar esta proposta? Seica evitar unha suposta reiteración delictiva no comportamento de Jordi Sánchez. E saben cál é este suposto risco, segundo Llarena? Sair elixido deputado pola candidatura de Junts per Catalunya.
Este novo golpe ao Estado de Dereito únese ao golpe do 155, que disolveu un Parlamento e cesou un Goberno cando a Constitución só `permitía concretas medidas de intervención. Á insólita falla de decisión até de agora polo Constitucional a respecto da admisión a trámite do recurso interposto polo Goberno do Estado (contra a ditame unñanime do Consello de Estado) contra o pleno da investidura de Puigdemont, anterior candidato. Á invención dun delicto de rebelión sen violencia , contra a definición do tipo penal de rebelión do Código Penal. Á imposición dunha medida cautelar de prisión absolutamente desproporcionada e arbitraria. A moitas outras condutas incríbeis hai só oito meses, que derrogaron na práctica a garantía do autogoberno das nacionalidades e as garantías dos dereitos individuais.
Desmontar o Estado de Dereito non é doadamente reversíbel. Deteriora e deteriorará a convivencia social, a democracia e as liberdades, reforzando o autoritarismo da España uninacional do “a por ellos”.

A arrincadeira: ecos do 8-M
As mobilizacións do 8-M marcarán un antes e un despois. As mulleres dixeron que abonda xa de discriminacións, fenda salarial e violencia machista e que cumpren medidas estruturais urxentes e novas políticas públicas.