Novo pulo ao “procès”

Ainvestidura por maioría absoluta do Parlament do até de agora alcalde de Girona, Carles Puigdemont (Junts per el Si e afiliado á CDC) demostra a flexibilidade da política catalá, que mesmo ven de recoñecer o dirixente de Podemos, Iñigo Errejón. E abre un escenario de estabilidade parlamentaria que constitúe un evidente pulo ao proceso soberanista catalán, malia que ao mellor éste, como dixo o presidente da Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), grande motor del, precise de máis músculo e de menos velocidade.
A CUP aprobara un veto incondicional a Artur Màs, malia que a metade da súa xente manifestouse a prol da súa investidura. Xa que logo, a decisión de Màs de botarse fóra (xenerosa e políticamente estratéxica) desarmou de vez aos antisistema. Executado o veto a Màs Junts per el Si foi quén a lles impór non só o voto á persoa de Convergência (CDC) decidida polo propio Màs, senòn un pacto de estabilidade parlamentaria que inclúe o prezo da demisión dalgúns dos deputados máis refractarios á investidura do até de agora President.
Esa decisión permítelle a Convergência evitar unas eleccións pouco favorábeis e enfrontar un proceso de refundación que esixen os pasados casos de corrupción e que desenvolverá baixo a dirección do propio Artur Màs. Semella que Democracia i llibertat, futuera marca dos converxentes, adopta o esquema bicéfalo de distintas persoas nas xefaturas do partido e do goberno que tan ben lle resultou ao PNV. Sabido é que unha nova páxina na historia institucional catalá é imposíbel sen que a mediana burguesía e o centro político teñan sitio nela. E Artur Màs agora traballará para facelo.
Pola súa banda, Esquerra (ERC) fornecerá un 40% do Govern con Junqueras nunha probábel vicepresidencia ou mesmo como conseller en cap. Mentres que as forzas unionistas amosaron a súa sorpresa e contrariedade: Catalunya terá Goberno e folla de rota soberanista esta mesma semana, mentres que en Madrid semella que non hai pacto para a gobernanza nin o haberá nalgún tempo. 
Mesmo é moi dubidábel en termos constitucionais que Rajoy, como presidente do Goberno do Estado en funcións, reteña as competencias para instar do Senado a aplicación das medidas de intervención da autonomía de Catalunya, consonte co artigo 155 da Constitución.Ainvestidura por maioría absoluta do Parlament do até de agora alcalde de Girona, Carles Puigdemont (Junts per el Si e afiliado á CDC) demostra a flexibilidade da política catalá, que mesmo ven de recoñecer o dirixente de Podemos, Iñigo Errejón. E abre un escenario de estabilidade parlamentaria que constitúe un evidente pulo ao proceso soberanista catalán, malia que ao mellor éste, como dixo o presidente da Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), grande motor del, precise de máis músculo e de menos velocidade.
A CUP aprobara un veto incondicional a Artur Màs, malia que a metade da súa xente manifestouse a prol da súa investidura. Xa que logo, a decisión de Màs de botarse fóra (xenerosa e políticamente estratéxica) desarmou de vez aos antisistema. Executado o veto a Màs Junts per el Si foi quén a lles impór non só o voto á persoa de Convergência (CDC) decidida polo propio Màs, senòn un pacto de estabilidade parlamentaria que inclúe o prezo da demisión dalgúns dos deputados máis refractarios á investidura do até de agora President.
Esa decisión permítelle a Convergência evitar unas eleccións pouco favorábeis e enfrontar un proceso de refundación que esixen os pasados casos de corrupción e que desenvolverá baixo a dirección do propio Artur Màs. Semella que Democracia i llibertat, futuera marca dos converxentes, adopta o esquema bicéfalo de distintas persoas nas xefaturas do partido e do goberno que tan ben lle resultou ao PNV. Sabido é que unha nova páxina na historia institucional catalá é imposíbel sen que a mediana burguesía e o centro político teñan sitio nela. E Artur Màs agora traballará para facelo.
Pola súa banda, Esquerra (ERC) fornecerá un 40% do Govern con Junqueras nunha probábel vicepresidencia ou mesmo como conseller en cap. Mentres que as forzas unionistas amosaron a súa sorpresa e contrariedade: Catalunya terá Goberno e folla de rota soberanista esta mesma semana, mentres que en Madrid semella que non hai pacto para a gobernanza nin o haberá nalgún tempo. 
Mesmo é moi dubidábel en termos constitucionais que Rajoy, como presidente do Goberno do Estado en funcións, reteña as competencias para instar do Senado a aplicación das medidas de intervención da autonomía de Catalunya, consonte co artigo 155 da Constitución.

Novo pulo ao “procès”

Te puede interesar