Todas nós somos a capitá

Acapitá do buque Sea Watch 3, Carola Rackete, ven de ser prendida pola Guardia di Finanza na illa da Lampedusa, baixo unha desaquelada e inxusta acusación do Fiscal de Agrigento, o Luiggi Patronaggio, quen acusou dun delicto de resistencia e violencia contra nave de guerra a unha capitá que apenas cumpriu co seu deber. O Sea Watch 3 colidira levemente cun barco da policía italiana cando tentaba atracar no peirao para salvar a vida dos 40 migrantes que levaba, despois de botar tres días ás portas do peirao agardando a licenza para achegarse á terra sen éxito. Unha licenza rexeitada pola brutaldade do Ministerio do Interior italiano, xerido polo extremodereitista Salviani. 
Os sistemas xurídico-penais democráticos recoñecen o estado de necesidade como circunstancia eximente de toda responsabilidade criminal. Quen desenvolve unha conduta tipificada como delicto ficará libre de toda culpa se demostra que actuou para evitar un meirande mal propio ou alleo. É evidente que a vida de 40 persoas é un interese ben máis merecente de protección ca a simple integridade material dunha nave ou mesmo ca o valor dun autoritario mandado gubernamental. Nunhas circunstancias onde a manobra da capitá non acadaba níveis de risco obxectivo para a vida ou integridade física dos tripulantes do buque policial italiano.
Europa, a vella Italia, están a vulnerar os dereitos humanos dos migrantes e tamén os de cidadás europeas como a navegante. Velaí xente como o viceprimeiro ministro Salvini ou o fisca, quen amosa outravolta como varias Fiscalías europeas manteñen unha dependencia ou proximidade con cadanseu Goberno incompatíbeis co sistema demoliberal. Canto ao primeiro ministro, o xurista Giuseppe Conte, amosa a súa ignorancia do Dereito italiano, europeo e internacional cando denuncia un suposto e gravísimo incumprimento da Lei pola capitá Rackete. Professore Conte, u-la presunción de inocencia? U-la non inxerencia no traballo da xudicatura por parte do seu Goberno?
A capitá amosounos que ela xoga cos bós. Mentres que o proffesore inoperante, o sociópata lombardo e o fiscal siciliano pertencen ao mundo dos que sementan o odio e o racismo nunha Europa que amosa estar tan cega diante deste caso como cando permite-polo de agora-que tres eurodeputados cataláns elixidos democráticamente ao abeiro das leis españolas non poidan asumir perante o Parlamento de Strasbourg, ao que pertencen por lexítimo mandado democrático. Todas nós somos a capitá.

 

Todas nós somos a capitá

Te puede interesar