O coello de Pascua

etidos na celebración da Pascua de Resurrección, festividade que pon fin ao dilatado viacrucis de paixón e dor dunha longa semana marcada pola icona da crucifixión, na que o imaxinario da relixión católica convertese así nunha metáfora da dinámica política que se vive arredor dos efectos da pandemia dun  virus que nos mantén nunha vasta corentena da que, por agora, non se ve aínda saída certa, tanto no tempo cronolóxico como especialmente no xeito, porén da que é segura a certeza do seu efecto de crise económica, laboral e social. Por iso, aínda que nesta contorna xeográfica que habitamos o doce que aleda os días da esperanza é a rosca, ovo  ou mona, da cultura próxima do centro europeo dominante tomamos como elemento simbólico o “coello de Pascua”, un personaxe que, segundo a lenda, trae canastras cheas de ovos de cores e doces aos fogares das crianzas, e por iso semella a bondade do agasallo chegado da ilusión.
O coello, mamífero da familia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza, é animal simbólico que trae á nosa memoria dous aspectos ben distintos aos do doce ou agasallo. Velaí o coello de indias ou cobaia, entendido para alén da caracterización como roedor, animal ou persoa que se usa ou se somete a un experimento científico ou de tipo semellante no mundo social. Algo que ten a ver posibelmente coa práctica dun truco no mundo da maxia e dos efectos da confusión buscada co lanzamento das bombas de fume para desorientar á xente; iso é, sacar un coello da chistera, ese sombreiro cilíndrico de copa alta que se usa en cerimonias e actos solemnes.
Un xogo de espellos que vai no cerne da propaganda lanzada dende a proposta presidencial, coa mensaxe de que “todos os partidos, con independencia da súa ideoloxía, imos traballar nuns novos Pactos da Moncloa para relanzar e reconstruír a economía e o tecido social do noso país”, lembranza dun acordo  que, non esquezamos iso, supuxo un duro programa de axuste económico e crueis medidas que deterioraron fondamente a situación de vida das clases traballadoras; entre elas unha importante diminución de salarios e o despedimento libre, ademais da garantía que serían aceptadas sen alterar a paz social. Foron tamén uns pactos que constituíron a primeira arremetida da transición contra as maiorías sociais deste país. Historia que ameaza repetirse. Atención á manobra.   

O coello de Pascua

Te puede interesar