O PRESIDENTE TEN QUEN LLE ESCRIBA

Con certeza absoluta, unha das mellores obras da literatura universal é a novela curta “O coronel non ten quen lle escriba”, escrita por García Márquez fai máis de cincuenta anos. Tirando do seu fío argumental, aínda que daquela maneira, atópase unha alegoría a respecto da liorta soterrada que están a librar o presidente catalán co seu semellante español. Neste caso, si hai quen escriba. Ámbolos dous. No relato do escritor colombiano, o coronel é un veterano da Guerra dos Mil Días que malvive xunto á súa esposa asmática. Durante quince  anos, o coronel baixa cada venres á oficina de correos coa esperanza de recibir misiva concedéndolle pensión de veterano da guerra civil. Nada chega, una vez e outra. Sen ningunha fonte de ingresos, a única esperanza de ganancia é un galo de pelexa, herdado, que o coronel estivo criando durante varios meses, coa intención de facelo loitar e obter beneficio das apostas. O médico visita á familia para revisar á súa esposa, e dálle ao coronel unha carta coa información censurada nos xornais. Cambio de avogado e nova carta ao goberno demandando a súa pensión. A iso síguelle toda unha serie de dúbidas sobre si debe vender ou non o galo, no marco da crecente pobreza, para decidirse pola dignidade optando por quedarse con el. Na conversación final, discute coa súa esposa  que lle reprocha o seu idealismo como causa da pobreza extrema. A novela termina coa soada escena final na que a esposa pregunta ao coronel: “Dime, que comemos?” ao que este responde, enchéndose de valor: “Desperdicios”. Grazas ao conflito do referendo, o correo epistolar retorna como instrumento de xestión política. O presidente si ten quen lle escriba. A resposta de Rajoy, iso si,  con cincuenta días de atraso. Cousa típica na correspondencia escrita, hoxe en dia en vía  de extinción polo seu equivalente electrónico e as mensaxes instantáneas. Tan grave é a situación para o servizo público que o mesmo Royal Mail británico, mítico pola súa eficiencia, está en fase de privatización. Porén, os presidentes fan uso dun proceso de comunicación multisecular. A mellor maneira de gañar tempo, nun enredo sen saída. Trunfa o ideal fronte ás amezas de pobreza e illamento. Negar o dereito da decidir, por cuestións de legalidade, é poñer portas en campo aberto. A cidadanía catalá non aceptará ser diferente á escocesa. Precísase de sentidiño.

O PRESIDENTE TEN QUEN LLE ESCRIBA

Te puede interesar