Salvagarda da memoria colectiva

én de celebrarse o Día Internacional dos Arquivos, conmemoración reivindicativa da súa importancia no patrimonio inmaterial da humanidade en consideración da UNESCO, coa lembranza da Declaración Universal sobre este instrumento de salvagarda da memoria colectiva, aprobada pola Asemblea Xeral do Consello Internacional de Arquivos,  fai dez anos, proclamando aos catro ventos do mundo planetario que “os arquivos custodian decisións, actuacións e memoria. Os arquivos conservan un patrimonio único e insubstituíble que se transmite de xeración en xeración.Os documentos son xestionados nos arquivos desde a súa orixe para preservar o seu valor e significado. Os documentos son fontes fiables de información que garanten a seguridade e a transparencia das actuacións administrativas. Xogan un papel esencial no desenvolvemento da sociedade contribuíndo á constitución e salvagarda da memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida”.  Velaí a súa importancia.
A construción arquivística faise sobre documentos que nesta función son un instrumento de carácter contemporáneo en base á fonte de creación de persoas ou entidades para o seu funcionamento e, co transcorrer do tempo, eses documentos converteranse na fiestra que permitirá ollar ao noso pasado, para vernos reflectidos nel e configurar así a propia liña de percorrido histórico dos pobos e das civilizacións. Por iso, beben de formatos diferentes no que pendura a pegada humana, sexan fotografías, gráficos, escritos, elementos sonoros e de calquera outro tipo; en formato dixital, analóxico e mesmo de singularidade atípica. Certamente, precisan de características de autenticidade, fiabilidade, integridade e utilidade nun proceso no que debe primar o respecto ao contexto no que foi elaborado, así como ao seu contido e formato para facer del ou do conxunto unha ferramenta de aprendizaxe e análise académica.
Inmellorábel ocasión esta para que a nosa Real Academia Galega celebrase o evento coa difusión dunha achega digna de recoñecemento, coa tradución á lingua galega feita apenas medio século atrás polo militar con rango de xeral, Beceiro Amado, unha vez retirado e dende o afastamento da terra natal, transcribindo á man “O Quixote” e distintas lendas irlandesas como “Oisín and Tír Na NÓg” ás que engadir outras varias máis que a familia doou a esta institución no pasado; un ben documental que se suma aos milleiros de fotografías, cartas, actas notariais ou libros de rexistro, dende o século XIII ata os nosos días e procedentes de fondos persoais, mosteiros ou empresas que esta fundamental institución cultural e lingüística galega ten ao servizo de consulta libre para persoas interesadas na pescuda documental. 
Arquivo, o da RAG, que recordaba a fin do pasado mes a súa dotación documental que fía a relación que vai dos precursores ao Día das Letras, amosando publicacións populares xa en galego na defensa ante a invasión francesa que levaría ao duque de Wellington dicir: Españois, imitade aos inimitábeis galegos. 

Salvagarda da memoria colectiva

Te puede interesar