Correntes apestadas

Aínda que pasaron moitos anos –daquela era pouco máis que un neno-, sigo mantendo moi vivos os principios que me levaron a votar “non” tanto á Constitución de 1978 –cando non tiña militancia política ningunha– como ó Estatuto de Autonomía de 1980. 
Ningún destes textos servía, nin serve, para resolver tanto os problemas sociais como os territoriais que atinxen ós pobos que configuran o Estado español. É por isto que veño seguindo con grande interese todo o proceso electoral catalán que concluirá coas votacións de mañán domingo. 
Porque penso que ás cousas hai que chamalas polo seu nome, o que máis convincente me pareceu do moito que puiden ver, ler e escoitar foi o manifestado polas xentes que conforman a Candidatura d’Unitat Popular (CUP). 
E voume quedar con dous dos nove puntos que configuran o seu programa: a construcción da República Catalana popular e que sexa unha República Catalana igualitaria y feminista. Conscientes de que, como é obvio, o goberno autonómico de “esquerdas” foi un fracaso, apostan directamente por unha república catalana independente. 
Como non son catalán non podo votar, mais si desexar, como a nosa Rosalía, “[...] esperar/que pasen as correntes apestadas.../¡Que pasen!... qu’outras vendrán”.

Correntes apestadas

Te puede interesar