DON MARIANO E DON ALEXIS

Que fráxil vén sendo a memoria cando o que nos convén é non lembrar determinadas cousas. Curioso. 
Pero máis curioso nos resulta aínda cando vemos esta fraxilidade memorística, mesmo unha carencia absoluta desta facultade de reter feitos, nunha persoa que tanto tivo que botar man da memoria para poder gañar unha praza de rexistrador da propiedade. 
Pois así, como quen non quere a cousa, antonte mesmo no Parlamento español, don Mariano non se cortou un pelo acusando a Alexis Tsipras de mentirlle ó pobo heleno cando lle presentou un programa electoral que sabía que non ía cumprir. 
Recoñezo que sempre tiven boa memoria, algo non fundamental, mais si importante, para poder optar e conseguir determinadas cousas na vida, pero, seguro que non tanta como o señor Rajoy. 
Mais abóndame para recordar perfectamente o mundo feliz que predicou e prometeu o presidente do Goberno español hai catro anos. Calquera parecido entre o dito e o feito é pura coincidencia.

DON MARIANO E DON ALEXIS

Te puede interesar