viernes 27/11/20

Malia o visto, esperanza

Tanto ía haber, tanto cambio se ía producir, tanto iamos gañar, tanto..., que un, a verdade.

Tanto ía haber, tanto cambio se ía producir, tanto iamos gañar, tanto..., que un, a verdade, malia o seu escepticismo, agardaba un algo minimamente rechamante.
Escoitamos soar tantas trompetas anunciando a chegada da nova política, a boa nova da desaparición do bipartidismo e a chegada do “chico” e os seus para poñer fin a tódolos males que, se cadra erradamente, pensabamos noutra cousa.
O que podemos ler ou escoitar do xeito de levar innúmeras negociacións para chegar a tantos e tantos acordos (co Partido Popular, ollo!, ó mesmo nivel que todos), incluso malos, déixanos moitas dúbidas sobre o que pode acontecer no inmediato futuro.
A túzara realidade é o que nos di. E menos mal –vaites, vaites!– que non van gobernar as minoritarias listas máis votadas.
Hoxe resolveranse problemiñas e comezará unha nova xeira para tentar resolver os problemas de verdade: mentos, persoas en situación ou risco de exclusión social, perda de dereitos fundamentais...

Comentarios