O MESMIÑO (OU CASE)

Escribo estas liñas desde o Alentexo, concretamente desde Évora, localidade que escollemos para pasar uns días por terras portuguesas. Queriamos centro-sul e foron tres as razóns de peso que motivaron esta escolla. A primeira, como sempre, a de non estar nese miolo do turismo masivo. A segunda, o feito de querermos falar e escoitar portugués, cousa non moi doada nas terras algarvías. E o terceiro o de poder estarmos nunha zona interesante pouco coñecida por nós. 
Penso que acertamos de cheo. Malia os moitos quilómetros de raia compartida, pouco é o que sabemos de Portugal, como eles de nós. Si sabemos que todos levamos décadas gobernados polas mesmas forzas en alternancia. Que ambos os estados tiveron que recorrer a rescates ou préstamos, que tanto ten, a cambio de empobrecer o pobo. Que se privatizaron servizos a esgalla. Etc., etc. 
E nesta carreira cara ó desastre social Portugal leva vantaxe. As farmacias xa pechan ás dez da noite e os grandes supermercados xa abren tamén os domingos todo o dia. Serán os signos do progreso?

O MESMIÑO (OU CASE)

Te puede interesar