MISIÓN CUMPRIDA

Amoéstame Iago-Duarte, benquerido neto, por non lle ter dedicado nin unha liña a dous acontecementos futboleiros recentes que foron do seu agrado e, entende, que tamén do meu.
O primeiro, o da permanencia do Deportivo na división de honor, asunto que en ningún momento da temporada se viu nada claro. Estivemos xuntos na tribuna do estadio de Riazor vendo o portadi contra o Vilarreal e soñando cunha vitoria, que acabou cun xusto empate que non axudaba moito.
Volveu á Coruña para ver o partido contra o Levante, que, malia o triunfo –desta volta si–, tampouco amañou nada. Só restaba a frauta do Camp Nou, que, oh, casualidade!, soou. Alegrámonos ambos como cumpría.
Eu, a maiores, polo bo amigo Quique Calvete, directivo embarcado nas difíciles encomendas económicas.
O segundo, que o Sevilla se proclamase campión da Europa League. A alegría do cativo sospeito que tamén vai por isto mesmo, mais entendo que pesa máis o que lle ten contado o pai das boas relacións dos seareiros de ámbolos clubs nos seus tempos mozos. E coruñeses.

MISIÓN CUMPRIDA

Te puede interesar