VELOCES ESQUECEMENTOS

Días atrás, Fernando Alonso, sufriu un accidente profesional. É lóxico que os medios dean conta do feito e que se preocupen pola gravidade do mesmo.
Mais de aí a que esa humana preocupación se faga extensible a se o excampión volverá reverdecer loureiros, será de novo gloria da patria vai un longo camiño. Máxime cando, como quen di, hai catro días divulgouse a lista Falciani de clientes da rama suíza do HSBC e o nome do automobilista alí figura. En asuntos como eses é nos que ten que aflorar o auténtico patriotismo. Mais, xa se ve que a xente esquece.
Hai nada, tamén, que o nome de Tania Sánchez, exdeputada madrileña e exconcelleira de Rivas Vaciamadrid, aparecía vinculado a unha votación na que o máis mínimo coñecedor de lexislación sabe que non debería ter participado.
Esa “sona” e algunha que outra cuestión motivou a súa deserción política. Os medios e a xente parecen, así mesmo, ter olvidado o caso Rivas e a señora segue aparecendo aquí e acolá como a máis proba das cidadás. Falta de Fósforo Ferrero?

VELOCES ESQUECEMENTOS

Te puede interesar