da súa

Estima pola economía da rosquilla

A rosquilla, ese doce, cuberto de azucre derretido, tan característico da sobremesa galega nas romarías, é nomenclatura máis acaída para tratar o que no anglicismo que é moda no mundo tecnocrático e académico adoita chamarse “economía do donut”, unha posición teórica construída sobre a premisa baseada na rexeneración do planeta e a distribución do benestar para satisfacer as necesidades básicas do ser humano sen espremer os recursos limitados do planeta.Boa escolla visual, a da súa autora, Kate Raworth, como símil para explicar cara a onde debe camiñar a humanidade e, por tanto, a economía: Unha rosquilla.

Un baile de máscaras

Un baile de máscaras é título dunha ópera italiana, en tres actos musicados para poñer en escena o libreto dun autor francés que narra a morte, por asasinato, dun monarca nórdico perante un baile que é tradición popular nos tempos do Entroido.