e tres anos despois

Trinta e tres anos despois

Iso é o que vimos de facer, sen ningún tipo de trauma, normalizando o que xa tiña que estar feito fai tempo.As linguas son para entenderse, non para confrontar, e nese sentido defendo e defenderei sempre a inmensa riqueza que supón para os galegos e as galegas dispor de dúas linguas nas que poder expresarse e entenderse, sabedores da necesidade de protexer e impulsar o uso do galego como o elemento máis relevante da nosa cultura.A Galicia do 2030 non pode construírse sen contar coa cidade da Coruña, e viceversa: somos vangarda e temos que adecuar as nosas decisións ao que somos, que é o que loce nas palabras que presiden a fachada do noso Pazo Municipal: “Cabeza, Garda e Chave, Forza e Antemural do Reino de Galicia”.Como cabeza, garda e chave, non podiamos seguir adiando unha débeda pendente coa normalización da nosa lingua.