José Manuel Lage Tuñas

A Coruña avanza a bo porto

Hoxe A Coruña móvese de novo a nivel económico con máis de 400 obras en todos os barrios da cidade, a nivel cultural e deportivo volvendo a ser a sede de eventos relevantes, a nivel social mediante o impulso de políticas pioneiras en materia de dereitos sociais, e, tamén a nivel político, A Coruña volve a ter moito que aportar a nivel galego e nacional.

A recuperación económica post COVID

Os datos da seguridade social con máis de 212.000 altas en toda España durante o pasado mes de maio confirman que o país acelera cara a meta da recuperación.

A Intermodal, do dito ao feito

Pasar das palabras aos feitos é o que supón a sinatura do convenio entre o Concello da Coruña, a Xunta e Goberno de España para facer posible, agora sí, a construción e posta en marcha da estación intermodal da Coruña.O convenio que posibilitará a súa construción supón a posta en marcha dun investimento que superará os 80 millóns de euros e permitirá non só unha mellora substancial na mobilidade na Coruña e a súa contorna, senón a renovación parcial dunha zona da cidade, a da Sardiñeira e Os Maios, que precisaba de actuacións para a súa actualización. A construción da intermodal é unha proba máis do liderado de Inés Rey como alcaldesa da Coruña, que fai que a cidade avance a través da cooperación institucional, entendéndose con gobernos de cores políticas diferentes e poñendo por diante os intereses das coruñesas e coruñeses.Tamén é destacable o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa Coruña, sobre todo si se compara co anterior goberno presidido por Mariano Rajoy, que desde 2012 ata xuño de 2018 non abordou con decisión ningún dos problemas que tivo sobre a mesa.