máis

Menos Google e máis ciencia

Pero Pepe, que para algo invertira tanto tempo e a súa inxente intelixencia, dicíame polo baixo que xa lle advertira seu cuñado, que é avogado pero sabe moito de coches, que ían querer colocarlle os que non daban vendido, ou aqueles aos que lle sacaban máis beneficio, ou algunhas outras conspiracións que eu non escoitei ben pero ás que decidín contestar moi convencido e dándolle algunha palmada na espalda.Para cando Pepe xa lle estaba explicando ao do concesionario como tiña que facer para venderlle a outra xente, eu miraba para fora con ansias de fuxir despavorido.