Por iniciativa dun grupo de amigos, quen fora presidente fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, Manuel Dieste Mos, vai dar nome a unha nova carreira cun carácter solidario ligado coa enfermidade que o levou no ano 2017: o I Memorial Manolo Dieste, a beneficio de Asotrame, a Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea.