O vilagarcián Josito Porto aspira a un María Casares polo seu papel en “A Cabeza do Dragón”

O vilagarcián Josito Porto aspira a un María Casares polo seu papel en “A Cabeza do Dragón”
Josito Porto con “Factoría de Subsistencia” |

Vilagarcía volverá a estar representada, e moi ben representada, na gala anual dos premios de teatro María Casares. Josito Porto, o polifacético veciño da capital arousá, aspira a unha das ansiadas estatuíñas polo seu papel como actor secundario na obra “A Cabeza do Dragón” de Producións Teatráis Excéntricas. De feito esta obra acumula un total de 7 candidaturas, entre elas a do vilagarcián.
A gala de entrega de premios da vixésimo segunda edición María Casares terá o lugar o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Un artista polifacético
Pese á lenda negra que moitos din que pesa sobre os que gañan os María Casares (moitas veces en plan de sorna), o certo é que este galardón é moi apreciado por todos os nominados, dado que son candidaturas plantexadas dende o propio sector do mundo dramático galego.
Josito Porto caracterízase por ser un artista polifacético, que tanto se desenvolve como actor encima dun escenario como colle unha guitarra e encandila co seu proxecto “Factoría de Subsistencia”. A alfombra vermella dos María Casares están esperando por el unha vez máis.

O vilagarcián Josito Porto aspira a un María Casares polo seu papel en “A Cabeza do Dragón”

Te puede interesar