EU e Somos esixen medidas contra o tránsito de vehículos pesados en Rosalía de Castro

EU e Somos esixen medidas contra o tránsito de vehículos pesados en Rosalía de Castro
Diario de Arousa-2018-11-22-005-377e5ed9

Esquerda Unida e Somos Maioría defenderán unha moción no próximo pleno da Corporación para que o goberno local inste á Xunta de Galicia a que execute medidas concretas e firmes para evitar o paso de vehículos pesados polo centro urbano. As dúas formacións sinalan concretamente aos problemas de atascos que se xeneran na avenida Rosalía de Castro. Para as dúas formacións a situación deste vial “constitúe un exemplo claro da incomodidade que provoca o tránsito dese tipo de vehículos e que calquera medida que sirva para evitar dita acumulación de vehículos pesados pode ser de grande axuda para mellorar a convivencia entre vehículos e viandantes e tamén de residentes nesa avenida”.

As dúas formacións sinalan que non é ningún descubrimento que boa parte dos vehículos pesados que circulan a diario pola avenida Rosalía de Castro acceden a dita rúa saíndo das instalacións portuarias pola avenida de Valle-Inclán, pasando posteriormente pola zona do Cavadelo que vai pegada ao Parque do Centenario e finalmente accedendo a Rosalía de Castro pola rotonda do Ramal.

Ademais da complicación que xeran os grandes vehículos nas rotondas, sinalan EU e Somos, hai qeu sumar a todo o traxecto un gran número de semáforos e de pasos de peóns que, ao xuízo das dúas formacións, “causan continuas paradas e arrancadas que para estes grandes camións supoñen un aumento do consumo e, polo tanto, da emisión de ruídos e de gases contaminantes”.

Segundo os datos facilitados pola Policía Local o número de vehículos que circula de forma diaria por Rosalía de Castro ascende a 9.176, mentres que pola coñecida como circunvalación norte son 4.364 euros.

As dúas formacións consideran preciso colocar limitacións na avenida Rosalía de Castro para vehículos de gran tonelaxe para que estes usen a circunvalación, que para iso foi concebida.

EU e Somos esixen medidas contra o tránsito de vehículos pesados en Rosalía de Castro

Te puede interesar